Ide vindo, ide vindo
O Clube de Lectura de adultas reinicia actividade. O mércores 4 de outubro comentamos Non penses nun elefante rosa; quedounos a noiva e o navío para a seguinte xuntanza, onde poñeremos en común unha selección de poemas. Ademais fixéronse diferentes propostas para ir debullando ao longo do curso. Aquí tedes algunhas, as máis próximas. Das outras, xa vos iremos contando...


Comentarios
Publicar un comentario