CUESTIONARIO 2024/25 PARA USUARI@#S

A escena, na biblio do Poeta Díaz Castro.

 O teatro é unha ferramenta educativa única e xunto coa música, consegue crear un remuíño de ideas nas mentes adolescentes.

Alumnado de 2º ESO, traballando sobre " Cara o Cruz, conviviendo con un trastorno menta"

Alumnado de 3º ESO, traballando sobre as fronteiras no mundo.

 Un ano mais, desde a Aula SiBiblio, a aula de música que é xa unha extensión natural da biblioteca, na que os recursos bibliográficos,  mestúranse coas partituras, creando mensaxes completas a través da escenificación e mesmo arranxos de textos ou inspiración de novos argumentos.


 Este curso estivemos traballando na liña do proxecto anual de centro " Para, e pensa", sobre obras como "O Valo", "Nana para un soldado", "La huella de los mapas", "Cara o Cruz", entre outras.


Elas foron a semente para a creación de novos traballos escénicos de teatro musical, no que o alumnado de 3º ESO e tamén de 2º ESO, derón paso á reflexión a través das súas postas en escea.

Comentarios