Pechando series

Maio de letras cantareiras, pero tamén de escrita e lectura. 

Onte houbo a última quedada literaria deste curso. Aínda que se nos botou enriba o tempo e non deu para facer a saída prevista co alumnado de Vilalba, completouse o programa de escrita nos tempos de lecer. Desta volta, o que se pautou foi o xénero.


E finalmente, despois de varias posposicións por problemas de calendario dos participantes (unha parte alumnado de 2º BAC), celebrouse a xuntanza para comentar Novela de xadrez. Acompañounos Jairo, profe de historia.  


Tamén a poesía tivo oco estes días: as múltiples posibilidades deste xénero están exemplificadas cunha pequena mostra das Pílulas curativas que fixeron este ano nun proxecto conxunto do Convervatorio e a EOI de Lugo. 

Un poema e unha melodía dialogan entre si para contribuír á saúde emocional... Pasade pola rebotica botar un ollo ou levar algunha destas pílulas sanadoras!

Veña que xa logo vai! 


Comentarios

Entradas populares de este blog

PARA QUE LES?

PARA QUE LES?

Memorias de Tristán Saldaña