Dous por un: Rosalía e Día da Poesía
O mércores 25 voaron os versos de Rosalía de Castro e outras autoras e autores na nosa biblio, nun recital organizado polo Club de Lectura. Aproveitamos para presentar á autora de Padrón coas palabras de Begoña Caamaño en Rosalía pequeniña, pero tamén tiveron espazo poemas de X. M. Díaz Castro, o Colectivo Poético Rompente, Pura Vázquez, Marica Campo, Ramón Cabanillas e un texto de Paula Carballeira con acompañamento musical.
Comentarios
Publicar un comentario