PROPOSTAS DAS LECTORAS
Título: El impostor Autor: Javier Cercas En El impostor Javier Cercas relátanos a vida de Enric Marco, un home que pasou a súa vida formando parte da maioría, pero que a súa obsesión coa fama e por ser recoñecido levouno a modificar a súa biografía por completo, incluídos detalles insignificantes. Nesta reconstrución da vida de Enric Marco Batlle o autor somerxese nunha tarefa de investigación na que sofre numerosos altibaixos que lle producen dubidas sobre a publicación deste libro, aínda que finalmente Javier Cercas continúa e desenmascara e reconstrúe a vida deste metireiro compulsivo. Antes de 2005 Enric Marco era o presidente da Amical de Mauthausen e formara parte da cúpula da CNT, como bon supervivente do Holocauste e obreiro anarquista que fora toda a súa vida. Vida na que estaba destinado a ser recordade de nacemento , xa que nacera o 14 de abril de 1921, 10 anos antes da proclamación da Segunda República. Este tamén loitara na Guerra Civil, fuxira a Francia como a...