Entradas

Imagen
Durante este ano dedicado ao noso poeta a biblioteca colaborou, participou e animou moitos dos traballos que se fixeron no noso centro con tal motivo. Con eles  no so aprendemos a apreciar mellor a obra poética deste autor senón que servíronos para moito mais: dende manexar unha cámara, preparar unha rodaxe, cantar, actuar e falar en público, facer entrevistas... e sobre todo que con imaxinación, motivación, traballo, e coa colaboración de todos, profesores, alumnos, pais... podemos facer cousas bonitas, aprender e divertirnos ao tempo. Algúns dos resultados deste traballo podedes velos neste mesmo blog, pinchando aquí , ou na páxina http://alusdomundo.com/ Despedímonos deste ano co poesía, como tiña que ser, da man da Fátima, alumna de 1º de BAC 'GRAZAS DÍAZ CASTRO' Díaz Castro querido, que habitabas no olvido, renaciches entre nós; e témosche agarimo. Contigo aprendimos, a querer unha herba, contigo Poeta; firiunos para sempre... a beleza! ...

MERCANDO LIBROS

Imagen
Todos os anos por estas datas, arrastrados pola ansia consumista, enchemos e a nosa biblioteca de libros. Para iso organizamos unha nova expedición; para ver, curiosear, comentar e mercar. Foron as nosas alumnas, e tamén algún que outro alumno, boas lectoras e usuarias da nosa biblioteca, as encargadas, unha vez máis, de seleccionar os fondos e de explicarnos a todos a súa elección. Aquí tedes un resumo do que fixemos Escollemos unha librería grande, con bastante fondo e con espazo para podernos reunir a comentar as compras realizadas. Cada alumna dispón do mesmo presuposto para adquirir libros. Con el podem mercar un libro ou varios, poden se xuntar cun compañeiro se non lles chega. Unha vez seleccionados os libros as rapazas terán que explicar diante de todos o motivo da súa elección, a utilidade que pode ter para os demais, etc. Trátase así de que reflexionen sobre o material que é mais axeitado para unha biblioteca escolar e para os seus compañeiros. Despois, xa de v...

Portal das Palabras

Imagen
No curso pasado os nosos alumnos colaboraron co proxecto “O portal das palabras”, unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrie, comentando o léxico de Nimbos. Aquí tedes as suas intervencións, fragmantos do vídeo que podedes ver completo na páxina do Portaldas Palabras. Son Irea, Alberto, Noemí, Uxía, Oscar, Jorge, Mónica, Andrea e Antía Se queredes ver o vídeo completo pinchade aquí

Semana da Música.

Imagen
“ Por unha educación pública con boa nota” O alumnado de I.E.S Poeta Díaz Castro foi convidado polo Departamento de Música e o Equipo da biblioteca do centro a participar nunha semana chea de música no mes de novembro. A finalidade, era que todos pensaramos que aporta a música nas nosas vidas e na nosa formación académica. Xogamos con creatividade encadeando palabras á MÚSICA nos corredores do centro; motivación, liberdade, coordinación, equipo, loita, disciplina, poesía, alegría, expresión. Tamén creamos entre todos unha nova peza “ aNOTA” cun gran pentagrama onde cada nota colocada polos alumnos levaba outra “nota”, mensaxe, lema, sentimentos que nos lembran que é fundamental para nós a presenza da música nas nosas vidas e nas aulas. Para pechar esta semana e despois de moito ensaiar nas clases, gardas e recreos...todos os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer e ver si querían traballar coa profesora de música o tema inédito “L.ON.X.E” para gravalo xuntos e tra...

Dende Guitiriz ó Mediterráneo: A Guerra de Troia.

Imagen
O xoves 20 de novembro tiñamos unha cita importante coa historia, mitos e lendas, revivíamos nas primeiras butacas do Auditorio de Galicia “A Guerra de Troia”; un espectáculo que combinaba monicreques, narración e audiovisual de animación. Coñecemos os seus personaxes na aula de música, descubrimos o seu papel na historia, mesmo pensamos que modos gregos eran máis axeitadas para representar musicalmente a Paris, Helena, Aquiles, Héctor..., vamos que eran xa como da familia. Viaxamos a ese lugar remoto do Mediterráneo onde as dúas nacións máis poderosas da terra enfrontáronse neste conflito bélico. Presentáronnos na escena o traballo dos construtores de monicreques, guionistas, iluminadores,escenografía e realización audiovisual. O que máis nos sorprendeu a utilización virtuosa da voz falada a cargo dos actores que se ocupaban de dar vida expresiva os monicreques, enfado, dor, un home novo ou vello, un home ferido, o odio e forza loitando expresada a través do uso da voz fa...

A TROPA DE TRAPO

Imagen
A semana pasada estiveron con nos a Topa de Trapo para contarnos as súas historias e tamén para ensinarnos un COmo contar meLlor as nosas historias. Ao taller asistiron alumnos e alumnas de 2º de ESO. Aquí tedes o que fixeron
Imagen
LA CATEDRAL César Mallorquí Esta obra de fantasía y misterio trata sobre un aprendiz de francmasón, Telmo Yáñez, que tiene que ir a Kerloc´h a ayudar en la contrucción de la catedral, financiada por los caballeros del Águila, y a investigar sobre la desaparición de Thibaut de Orly y once canteros. También se sospecha que los caballeros del Águila, junto a Simón de Valaquia, estuvieron implicados en el robo de un valioso tesoro en Acre. En Acre estaban tres templarios que viajaron con Telmo; Erick, Gunnar y Loki, que le contaron que Simon de Valaquia era un templario que los traicionó. En Kerloc´h, Telmo esculpe a san Miguel tras ganar uin concurso, pero en realidad es Lucifer, ya que la catedral es para adorar al diablo. Telmo descubre los cuerpos en una sala.  Los caballeros del Águila intentaron convocar al diablo para enfrentar al bien y el mal, pero esto no sucede gracias a Telmo... Diego Castro García, 3º ESO B