PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 13 de mayo de 2010

PARA QUE LES?


Por que leo?

Son moitas as razóns para ler, pero por brevidade, sintetizareinas en dúas ambas igual de importantes:


1.- Leo por obriga, para formarme, para informarme, para enterarme do que pasa na realidade, para coñecer outros puntos de vista. Ler axuda a desarrollar unha visión máis crítica das cousas, axuda a PENSAR......
2.-Leo para disfrutar, a lectura permíteme desconectar da realidade e sumerxirme noutros mundos, coñecer e vivir outras vidas, viaxar a través do tempo, navegar o fondo do mar,...desde a comodidade do sofá. É FERMOSO LER, CADA LIBRO É UN UNIVERSO.


Un libro para ler:
¿ QUIéN SE HA LLEVADO MI QUESO? De Spencer Johnson


Trátase dun libro cortiño, que collín un día por casualidade nunha biblioteca para ver de que ía e leino alí mesmo dun tirón. Este relato, de título aparentemente infantil, fainos reflexionar sobre a necesidade de estar atento e adaptarnos os cambios na vida.
Spencer Johnson (doctor en Medicina e licenciado en Psicoloxía), a través desta preciosa fábula, pretende axudarnos na difícil arte de superar medos a tomar decisións, a resolver os nosos problemas, recoñecer os nosos fracasos e temores, a saber admitir e responder correctamente cando os nosos obxectivos non se cumpren.


Por todas esas ensinanzas tan interesantes e tan ben escritas, recoméndovos a súa lectura e espero que vos guste e podais recoméndalo de novo.


María Jesús Lourido, orientadora

miércoles, 12 de mayo de 2010

PARA QUE LES?

Leo porque é unha forma de me manter informado do que ocorre no meu mundo, e tamén do que pensan os demais. E leo porque ler transpórtame a un mundo alternativo a cabalo da miña imaxinación, guiándome a través de aventuras que dan sentido e ilusión á miña vida.



Recoméndovos que leades unha novela moi áxil e entretida: “Angeles y demonios”, de Dan Brown (non vexade -la peli sen ter lido antes o libro)


Enko Sertucha, profesor de educación física

PASA QUE LES?

Eu ante todo leo por pracer. É unha forma de evadirme da realidade cotidiá, do que non me gusta...Ademáis permíteche a posibilidade de vivir novas experiencias, de descubrir novos mundos, de vivir noutras épocas (pasadas ou futuras), de descubrir outras culturas, de coñecer xente distinta (heroes, antiheroes). É unha forma de coñecernos a nos mesmos a través dos demáis. En definitiva, a lectura é coma unha viaxe a onde ti queiras. Déixate levar!


Tódolos libros son recomendables porque de todos se aprende; por destacar algún "El Camino" de Miguel Delibes e calquera das traxedias de Shakespeare.

Mª Carmen Fraga, profesora de inglés

PARA QUE LES?




Leo para que me sorprendan cousas descoñecidas e para non olvidarme das coñecidas".
Libro recomendado:"CONVIVIR" de Luis Rojas Marcos.
Ana María López, profesora de bioloxía

martes, 11 de mayo de 2010

PARA QUE LES?

¿Que para que leo? para evadirme, para desconectar, pero tamén para aprender. Incluso me permite viaxar a lugares onde nunca estiven ou ver cousas que en realidade nunca vin.
Recomendo o Informe Lugano de Susan George.
María Xosé Fernández, profesora de xeografía e historia

PARA QUE LES?

Leo por necesidade , por curiosidade, para informarme ...

Libro recomendado
A CELESTINA
 Mari Carmen Marrondo, profesora de matemáticas

lunes, 10 de mayo de 2010

PARA QUE LES?


Leo porque os libros son o meu produto psicodélico. Xa saben, os ‘hippies’ chamábanlle psicodélico ao que eles consideraban que lles aumentaba o campo da conciencia (Psicodelia, etimoloxicamente, é “o que manifesta a alma). Eles, para iso, empregaban as drogas. A min abóndame coa lectura. Desde ela entendo mellor o mundo e enténdome mellor a min. Unha vida, por intensa e interesante que sexa, é só unha. Cando nos embarcamos nun novo libro embarcámonos tamén nunha nova vida. Temos, ademais da propia, tantas vidas como libros lemos.
Marica Campo, escritora

Leo porque o necesito para o  meu traball

PARA QUE LES?

      Pois non é sinxela porque a verdade podería escribir follas e follas con motivos que me levan a leer un libro e outro, e outro, …. Son múltiples as razóns e cada libro que leo aínda me da outra razón máis para seguir lendo, pero para ser breve e sinxela podería decir que para min a lectura é unha das formas máis entretidas para aprender, para saber, para descubrir, é decir para adquirir moitos coñecementos en calquera ámbito da vida (xa que podes ler sobre todos os temas que che interesen). Cando leo un libro, o primeiro é que estou entretida e esquezome de que pasa o tempo, tamén estou coñecendo unha historia ou unhos conceptos que na maioría dos casos descoñecía, aprendo novo vocabulario, novas formas de expresión, tamén me serve para imaxinar, moitas veces algo que nos falta a creatividade, entender determinadas cousas que suceden neste mundo tan complexo, etc….
 Todas as anteriores son razóns máis que suficientes para invitar a todo o mundo a ler.  Tería moitos libros para recomendar pero quizáis por ser un dos últimos e dos que mellores recordos teño e máis recientes diría: Los Pilares de la Tierra.  

Sandra Freire, concelleira de Guitiriz

viernes, 7 de mayo de 2010

PARA QUE LES?


  Leo por diversas razones que suelen depender del tipo de texto que estoy leyendo. Cuando leo un periódico, un artículo enciclopédico o una revista, lo hago por afán de conocimiento, para informarme acerca de lo que sucede en el mundo o para tener un conocimiento más exacto sobre algo que me interesa.Con la novela, el relato, el teatro o la poesía el deseo ya no es el de la pura información sino el de entrar en un universo diferente que me aleje por un momento  de mi  realidad y cotidianidad y me transporte hacia escenarios  pertenecientes a otro espacio y/o otro tiempo donde  pueda evadirme y entretenerme. En definitiva, y para ser breve, leo por satisfacción y por disfrute.

Recomiendo la novela La nariz de Edward Tremcom de Giles Milton. Ed.La factoría de ideas (2009). Una novela de historia, intriga oscura y...queso
Jacqueline López, profesora de francés

PARA QUE LES?

Leo para coñecer outras épocas, outras culturas, outros paises, os pensamentos doutras xentes e básicamente porque é divertido. Recomendo para este verán a lectura do" Quixote" e se lles queda tempo "Os Santos Inocentes".
Consuelo Otero, profesora de matemáticas

PARA QUE LES?




Eu leo porque me mandan e para aprender cousas novas.


Alba Vallo, 1º ESO


Eu leo porque me mandan os profesores e porque me aburro. Leer é moi divertido. Recomendo os viquingos en Galicia.
                                     David Freire, 1º ESO




Eu leo para ter moitos coñecementos,e tamén para no me aburrir. O libro que recomendo é "Tonecho de Rebordechao", fíxome moita gracia.



Óscar Hermida, 1º ESO








Eu leo para non me aburrir e para pasar un pouco o tempo. Eu recomendo el castillo de lora 
                                      Alex Castro, 1º ESO


Leo para saber mais e entenderme mellor cas palabras. Eu recomendo os Megatoxos.



Jose Manuel Dobén, 1º ESO






Eu leo para aprender cousas e saber novas palabras. O libro que recomendo é Simbad el Marino



Adrián Penas, 1º ESO


Eu leo para coñecer novas palabras. Recomendo “As bruxas”.


Manuel Vidal, 1ºESO







Yo leo porque me gusta, me entretengo y le doy usa a mi imaginación. A veces me gusta más el libro que la pelicula, como la del niño con pijama de rayas. Yo recomendaría "La Fundación" o "Amor cruel" una historia real


Rubí Rodríguez



Yo leo para aprender como educar a mis perros por eso mi libro preferido es Perros:LAS RAZAS. Ahí aprendes todo lo que debes hacer para educarlos para que no sean agresivos



Diana Paz




jueves, 6 de mayo de 2010

PARA QUE LES?


Leo para informarme, para aprender, para entreterme. Pero da lectura que máis gozo é desa que fago sen présa, tirado á sombra dunha árbore nas calorosas tardes dos días do verán. Así, tanto me ten sentirme percorrendo 20.000 leguas dunha viaxe submarina que me mostra novas especies abisais, como meterme na complicada investigación dunha misteriosa desaparición nas terras dos faraóns, como  participar nunha incruenta batalla interestelar. Porque o que me presta é ler... para soñar!
Lectura recomendada:
O vixía no centeo, de D. J. Salinger.
É unha novela curta que hai xa ben anos que lin, da que gardo grato recordo e que recomendo aproveitando que hai pouco que me volveu á memoria, cando vin nos xornais que seu autor, un clásico da moderna literatura estadounidense, morrera de vello tras unha azarosa vida.
Quen se atreva, pode ler a versión orixinal: The Catcher in the Rye. Pero senón sempre queda a opción das traducións. Eu foi o que fixen, lin a versión na lingua propia desta terra, O vixía no centeo; aínda que tamén está dispoñible a versión en castelán, El guardián entre el centeno. En calquera caso, se ledes esta obra, desexo que tamén a vós vos guste.
Xosé Luis Cabarcos, profesor de economía

PARA QUE LES?



Nós lemos porque é unha forma distinta de pasar o tempo. Lemos porque che permite por un momento envadirte do mundo no que vives e somerxerte noutro mundo cunha historia e uns personaxes diferentes.
É outra forma de divertirse e tamén podes aprender cousas.
Nós recomendamos o libro de "Traición" porque é un libro que che mostra que o importante das persoas non é a apariencia física, senón o interior.
Tamén recomendamos "Domina" é un libro que vale a pena ler xa que fala sobre unha persoa que fai todo o posible para poder conseguir o seu soño.
Tania e Paula 4º A


Eu leo porque me gusta coñecer historias, aprender cousas e o paso ben lendo.
Recomendo ler "El juego del ángel" porque foi un libro que me gustou moito e é moi interesante.
Lidia 4ºA

PARA QUE LES?

Casi todos los libros que leo son porque los tengo que leer para el instituto. Lo bueno de la lectura es que tienes tu propia visión de los relatos, lo que da lugar a otra dimensión que no puedes conseguir con otras cosas.

A parte de eso no leo en exceso pero me gustan mucho los libros de Carlos Ruiz-Zafón.


Juan Carlos Currás 1BAC


Non me gusta leer demasiado e cando leo e porque me obligan no instituto. Eu recomendo un libro que me gustou moito:     " El niño con el pijama de rayas.


Lucas Freire 1BAC


Leo para desconectar, para pasar un bo rato viaxando por mundos imaxinarios. Recomendo o libro "Los renglones torcidos de Dios" de Torcuato Luca de Tena.


Xoel gutiérrez 1BAC

miércoles, 5 de mayo de 2010




O alumnado de 4º (de Primaria) do colexio Lagostelle tamen disfrutou  a exposición de xornais do mundo . Algúns alumnos de 4º (da ESO)  prestaronse  a guiar polo noso centro ós máis pequenos. Podes ver máis fotos no Album de fotos do Blog

PARA QUE LES?

OS COMEDORES DE PATACAS, MANUEL RIVAS
A miña recomendación é unha obra de aquí escrita por un autor de aquí. Manuel Rivas escribiu “Os comedores de patacas” hai preto de 20 anos pero todos os temas que toca (adolescencia, drogas, accidentes de tráfico, a aldea, relacións familiares, a morriña ou a morte…) poderían trasladarse fácilmente ó día de hoxe. Os comedores das patacas é un libro suxerente, que invita a visualizar cada situación que reflicte e que provoca un sorriso cómplice, porque todo aquilo co que Rivas conta a historia de Sam, é coñecido.

Cristina, periodista

PARA QUE LES?

Leo para sertirme recollida nunha historia, para entenderme e entender aos que me rodean, para sentir, emocionarme, para compartir no momento, e logo cando o comento...
Segundo van cambiando as vivencias vai cambiando o tempo de lectura, o tipo de lectura e os compañeiros de lecturas. Agora leo moito libro infantil, axúdame a descubrir moito dunha literatura marabillosa e que non lera. Evidentemente o meu compañeiro de lectuta é Álvaro, o meu neno de 7 anos. Pero leo moita literatura que comparto coas amigas, disfruto moito cos libros que recrean vivencias de mulleres na Historia, Ciencia e, sobre todo Filosofía. Necesitamos ler aquilo que da sentido ao que somos, descubrirnos, sentirnos, vivirnos nunha recreación de vidas e sentimentos doutras mulleres . E, tamén comparto lecturas con moitos amigos e amigas que gozamos das viaxes, por cerca e por lonxe, dende casa ou a miles de kilómetros.


Necesito ler para aprender e vivir cos demáis.


LECTURAS RECOMENDADAS:

Herba Moura de Teresa Moure en Editorial Xerais.

Outra idea de Galicia de Miguel-Anxo Murado en Editorial Debate.

Persépolis de Marjane Satrapi en Norma editorial


Olga Aguiar, profesora de filosofía

PARA QUE LES?


Leo para divertirme, para sentirme bien, para enriquecerme culturalmente, para tener temas de conversación,..Tengo tantos motivos para leer que ¡soy una leona!.

Os recomiendo cualquier libro del desparecido Miguel Delibes, por nombrar uno, elijo "El Camino".
 
Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz

martes, 4 de mayo de 2010

PARA QUE LES?

Leo para divertirme, para viajar, para comprender, para ser otras personas y para ser yo misma. Leo para mi y para mis hijos, para poder disfrutar de la cara de fascinación que ponen con cada nueva historia.

Mi recomendación es "El capitán Alatriste" de Arturo Pérez-Reverte.

AS PELIS DE BIBLIO

Retorno al pasado é un dos cumes do cine negro. Homes duros, mulleres fatais, persoaxes contradictorios, humans, fascinantes e unha historia de mentiras, engaños e pasións. Maxistral direción de  Jacques Tourneur e un reparto que mete medo:, Robert Mitchum, Jane Greer, Kirk Douglas, Rhonda Fleming. Non a deixes pasar, vaiche sorprender

lunes, 3 de mayo de 2010

PARA QUE LES?

Ángela 4ºA
Eu leo porque cada vez que o fago desconecto de todo e estou noutro mundo completamente diferente ó meu, e eso gústame e reláxame moito, sobre todo cando o que leo é un libro que me gusta, porque tamén se leo algo que non me gusta pero é obrigatorio agóbiome e dame moita pereza ler, hai de todo.
O libro que recomendo é Crepúsculo, para min é un dos mellores libros que se pode ler.
Leo porque o necesito para o meu traballo. Leo porque me entretén moito no tempo de lecer. Leo porque me gusta saber o que pasa no mundo. Leo porque quero aprender. Leo libros, leo revistas, leo xornais, leo prospectos de medicamentos, leo etiquetas de alimentos, leo, leo, leo….



Como consello de lectura vouvos a recomendar ler calquera libro pero, iso si, cun lector de ebooks. É un soporte magnífico para a lectura, cómodo, práctico, económico e versátil e creo que vai a ser a principal forma de ler nun futuro próximo (ao fin e o cabo o importante é o que les e non tanto o formato no que o fas).

J. Segura, profesor de Bioloxía e Xeoloxía