E rematamos o club de lectura de 2º ESO deste curso!

Chega o final de curso e os integrantes do club de lectura de 2º ESO tivemos a última reunión para falar da lectura seleccionada Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Sierra i Fabra. 

Como actividade final decidimos imaxinar á protagonista da historia, Elsi, xa adulta, agradecéndolle  a Frank Kafka que a axudase a superar a pérdida da súa boneca Bríxida. Aquí tedes algunhas das mellores cartas escritas polos compoñentes do club de lectura:


Para: Frank Kafka

De: Elsi
Guitiriz, Lugo, 27300
5 de xuño de 1960
Bos días Franz:

Estaba remexendo e organizando a miña habitación cando, para a miña sorpresa, atopei unha carpeta rosa chea de papeis. Eu non sabía o que podía conter aquilo, entón decidín abrilo. Levei unha enorme ilusión cando me decatei do que era, eran as cartas que vostede me escribira!
Durante moito tempo, vostede escribírame un montón de cartas polo nome de Bríxida, que era a miña preciosa boneca de por aquel entonces. Lin todas as cartas que me escribira hai un par de días e mentiríalle se lle dixera que se me encheron os ollos de bágoas pensando naqueles preciosos momentos que tiñanos ós os dous no banco do parque lendo as palabras que Bríxida nos escribía.
Pensaba que despois de lñer aquela carpeta enteira de cartas, non atoparía nada interesante pero a verdade foi que si que atopei algo máis no medio de todo aquel desorde, e foi a boneca que me regalara a última vez que nos viramos naquela pequena praza. Xa estaba contenta de atopar aquel fermoso recordo, pero decidín  fixarme un pouco máis naquela boneca e dinme conta de que no seu costado dereito agochaba unha pequena abertura. Pregunteime que podería gardar naquel pequeno peto e, ao abrilo, descubrín que no seu interior estaba un papel amarelo que contiña as seguintes palabras:

“Boas Elsi, supoño que estarás lendo isto uns cantos anos despois de que che regalara esta boneca, pois ben, simplemente che quería recordar que aínda que non te lembres moi ben de min, que poderás falar comigo para que te axude en calquera dúbida que teñas. Se cando esteñas lendo isto queres poñerte en contacto comigo, aquí te deixo os meus datos e dirección para que me contes o que queiras.

Un saúdo, o teu compañeiro de viaxe Franz Kafka”

Ao ler isto si que me emocionei de verdade, e sen pensalo nin un momento, decidín coller un papel e poñerme a escribir.
Con esta carta simplemente lle quería agradecer todos os traballos que pasou comigo e todas as tardes que estivo ao meu lado, moitas grazas por todo isto.
Aparte de para agradecerlle  todo o seu traballo, tamén lle escribo para dicirlle se quere vir tomar algo a miña casa e así conversamos.

Moitas grazas por todo Franz

Carta escrita por Abel Pena Boenlle

 12 de novembro de 1944


Querido Franz Kafka:

Decidín escribirche esta carta porque hai uns días encontrei as que ti me mandaras a min cando aínda era unha nena. Recordo o día no que perdín a Bríxida, pero a pesar de poñerme triste aquel día, ese tamén foi un dos meus mellores días de cando era pequecha. Ese día atopeime contigo. Tamén recordo tódolas cartas que me lías no parque e ese é o motivo polo que volvo contactar contigo.
Quero agradecerche todo o que fixeches por min. Sei, grazas a Dora, que non che gustaban moito as nenas e, aínda así, ti utilizabas o teu tempo en escribirme a min cartas. Grazas a ti aforreime unha desgraza enorme que calquera nena cunha boneca tería ao saber que se perdera.
Tampouco é só por iso, senón  que tamén me tiveches entretida. Onte acabei de lelas todas, cada vez que lía unha recordaba mesmo o momento no que mas lías ti. Foi moi bonito o esforzo que facías por facer feliz a unha nena que case nen coñecías. Todo o que inventaches sobre as historias que Bríxida estaba vivindo e eu críaas coma se me dixeras que ía ter un fillo unha boneca.
A única causa que se me pasa pola cabeza de aquel entonces e onde estará Bríxida, se no parque algunha nena a colleu ou non sei, só espero que estea ben.

Un bico, Elsi

Carta escrita por Paula García Graña


Berlín, 14  de abril de 1944

Querido “carteiro de bonecas”:
Sei que es Franz Kafka, un prestixioso escrito, pero para min sempre serás o señor carteiro. Xa hai vinte anos que non nos vemos. Eu daquela só tiña cinco anos e era unha inocente alma triste no parque Steiglizt que perdeu a súa preciada boneca. Vostede, como boa persoa, decidiu salvar a unha nena da tristeza de perder a súa mellor amiga.
Non sei onde está, s segue vivo ou se xa non escribe pero o único que sei é que unha persoa coma vostede coa súa vontade, non pode desaparecer así como así. Seguro que sería o único capaz de non defraudarme coa tristura de perder unha boneca, porque outras persoas  non farían coma vostede.
Eu daquela era moi pequeniña e non recordaría esas marabillosas tres semanas se non  encontrara as cartas. Agora son tempos duros e estamos en plena guerra, por iso encontrei as cartas, porque vou marchar ao campo.
Só me queda darlle un agradecemento. Grazas por todo o que fixo e pola súa inmensa bondade. Grazas por non deixarme durante tres semanas. Grazas por esas marabillosas viaxes. Grazas por todo. Sempre contará comigo.

Elsi, a nena que perdeu unha boneca.

Un saúdo

Carta escrita por Hugo Sanmartín Rodríguez


Berlín a 13 de marzo de 1944
Querido Sr. Kafka:

Casualmente a miña filla atopou aquela boneca e aquelas cartas que Bríxida me enviou. Preguntoume de quen eran e, ao contarlle a nosa gran historia, recordei os inolvidables momentos que pasamos naquel parque da miña fermosa infancia. Xa me gustaría que cada pequena que perde algo importante para ela, teña a alguén que a apoie coma vostede me apoiou a min.
Lembro aquela ilusión que tiña cada tarde naquel parque esperando aquela carta de Bríxida que vostede me traía. Foi moi intelixente pola súa parte, solucionar aquel problema dunha forma tan máxica e fantástica. Dicirlle que actualmente estou casada e cunha filla da mesma idade que tiña eu cando o coñecín. E se a aela lle ocorrese o mesmo con algunha das súas bonecas, xa me gustaría que tivese un carteiro de bonecas tan bo coma vostede.
Espero que a súa saúde siga ben, e non sabe o que daría por volver a velo.

Un abrazo.

Elsi


Carta escrita por Marta E. Sanmartín Campello 

Comentarios