Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

Memorias de Makinaria

Imagen
         ...seguimos compartindo lecturas diversas! O xoves 20, tocoulle ao grupo de lectores da FP Básica poñer en común o que foron lendo ata o de agora (as historias deportivas de Bestiario do vestiario , e o relato  de Agustín Fernández Paz, 'Un artista do neón' , ambientado no mundo laboral).  Esa xuntanza aínda deu para máis: eles propuxéronnos tres relatos desa antoloxía para a sección de adultas ('Fútbol, sangue e area', 'A uña rota de Bob Marley' e 'O espectro de Garincha -ide tomando nota-), e nós metémolles nas mans uns poemas de Makinaria de Carlos Negro e o primeiro capítulo de Memorias dun neno labrego , de X. Neira Vilas. Para dar atendido a todo isto, contamos coa inestimable axuda de Fer, que non só animou á rapazada a ler, senón que cedeu algún tempo para esta actividade.

Adiante en verde croma!

Imagen
Novas ferramentas.  Adiante croma! O alumnado de música de 4º ESO é o encargado de montar o croma na biblioteca. Desenmarañar tubos e parafusos, non foi cousa dificil, para estes rapaces, artistas, sempre colaboradores coa biblioteca. Tamén crearon un vídeo tutorial para animar ao uso desta ferramenta de creación audiovisual. Aquí deixamos a súa aportación.  Grazas por axudar a dinamizar este novos espazos. Adiante cos vosos traballos Verde Croma !!