Todos os camiños levan a Vilalba
Despois das convocatorias, veñen os premios ! E para dalos, houbo que xulgar as historias . Un motivo máis para encontrármonos na biblio... O martes 24 fíxose público o dictame dos xurados. Aproveitamos os microrrelatos que entrecruzamos co IES Basanta Silva para ir aló, entregar e recoller galardóns. Recibíronnos cun acto moi chulo, no que o alumnado do grupo de apoio á comunidade LTGBIQ+, "Malas herbas " leu un manifesto, e tamén houbo actuacións musicais e recital poético. Velaí o alumnado e profesorado de Guitiriz que gañou algún premio, máis figurantes A rapazada de Guitiriz e Vilalba, ademais tivo ocasión de participar en varios obradoiros esa mañá, grazas á colaboración do alumnado de BAC do IES Poeta Díaz Castro. Toda unha experiencia... de libro! A Sabela, da biblioteca Agustín Fernández Paz, debémoslle esta pequena mostra do que foi aquilo. "Quen son?", obradoiro de linguaxe inclusiva "Zona de plaxios", obradoiro de recreación literaria ...