Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

21 de marzo"Tal como eramos". Escribindo a historia coas fotos antigas.

Imagen
 " Tal como eramos" Escribindo a historia da vida chairega. O pasado martes 21 de marzo, o alumnado de 1º ESO, saíu acompañado coas profesoras de lingua Ana Fernández e Lucía Campañó, para disfrutar da exposición " Tal como eramos", na biblioteca da Casa Habanera, nunha actividade proposta polo equipo KPACES  da biblio do Poeta Díaz Castro. A rapazada de primeiro, tivo a oportunidade de coñecer en persoa a Manolo "Cachán" , que ademais de recopilar e restaurar algunha das fotos é tamén autor dalgunha delas. Manolo contoulles moitas anécdotas e historias das fotografías mais especiais. Conversaron en relación a forma de vida daqueles tempos. Deste xeito tan ameno, tivemos a oportunidade de aprender sobre a vida en Guitiriz, de hai 50 anos ou mais. O cine en cor, a primeira radio que chegou a vila, aquel tractor único; as formas de vivir, traballar e divertirse, nas xuntanzas de amigos e veciños. Forón 120 fotografías, que serán inspiración para os relato...