Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Negro para compartir

Imagen
 Onte tivo lugar o encontro da sección do Clube de Lectura de adultas co autor de Negro , unha das obras que andamos lendo. Isto permitiunos comentar con P.P. Regueiro esta novela curta, e falar de distintas cuestións relacionadas coa escrita e a edición de textos narrativos.  Pospuxemos o comentario de As vida secreta das vacas , de Rosemund Young e as achegas poéticas a partir de a noiva e o navío de Susana S. Arins. Quedarán para despois de Nadal, sumándose ás novas lecturas: Cartas a Lucilio , de Séneca e A desaparición de Esme Lennox , de Maggie O'Farrell. E, mentres, a rapazada está achegándose aos heroes clásicos dende un formato de lectura novidoso: Nivelando con los dioses . A ver a onde nos segue levando este fío heroico...

KPACES, Reencontros na biblio " Casa Habanera".

Imagen
  O Biblio equipo KPACES, sae un ano mais  ao encontro coa veciñanza. A rapazada da biblio do Poeta Díaz Castro, xa tiña ganas de retomar os encontros coa veciñanza, esta vez,  na biblio " Casa habanera". O venres un grupo de 11 alumnos, algúns xa coa experiencia e outros que aínda que novos nesto de facer biblioteca sorprenderon aos mais veteranos pola súa iniciativa á hora de traballar. Presentamos o proxecto trimestral "27 CASAS, poemas para entrar a vivir" inspirándonos neste poemario ilustrado de Raúl Vacas e David Pintor . Falar da nosa casa , achega á rapazada da biblioteca a e xperiencias, emocións e contos  da súa localidade que moitos non coñecían. levamos tamén a poesía de Luisa Villalta, para falar de camiños desandados e de retos . Pronto mais porque somos Kpaces!. Facendo biblioteca desde o IES Poeta Díaz Castro. Pronto mais. Atentos!.

Vendo o invisible. Mes da ciencia na biblio.

Imagen
VENDO O INVISIBLE Novembro mes da ciencia na biblio.  O alumnado de 3º ESO , coordinado pola súa profesora Ruth LLovo, a briu as portas do seu laboratorio, para traer a maxia de ver o invisible á biblioteca. O alumnado que pasou pola exposición " Vendo o invisible", descubriu o uso do microscopio e todos os seres que se agochan; células animais, vexetais, flaxelos, núcleos e citoplasma. Instagram A lus do mundo ☝ Click!! VENDO O INVISIBLE👆 clik!! Ademais no primeiro andar aprenderon deste mundo invisible coas maquetas deseñadas polos seus compañeires.

De heroes clásicos?

Imagen
O clube de lectura de cómic está a falar de heroes da mitoloxía grecolatina.  Todo comenzou co casco con ás de Astérix . Iso lembrounos a Hermes, que algunha rapazada coñecía por  "God of war". Nesta sesión, entre moitas outras referencias falamos da escultura á que remite o símbolo dunhas zapatillas deportivas... A onde nos vai levar seguir este fío de narrativa transmedia ?  Vide sabelo na seguinte xuntanza, o próximo venres.  Primeira xuntanza: posta en común sobre os cómics de Astérix Referencias clásicas da biblio recreadas en God of War Venus Niké ou Vitoria alada de Samotracia, referencia para unha marca deportiva

27 CASAS. O biblio equipo KPACES, novos encontros!!

Imagen
  27 CASAS. O biblio equipo KPACES medra. # Identidade. # Terra Nesta semana asistimos desde a biblio do Poeta Díaz Castro ,  con moita  ilusión a reencontrarnos coa veciñanza na Casa Capataz. Moitos xa foron compañeires de traballo noso o curso pasado, mais tamén moitas caras novas neste primero encontro do curso. “ Y puedes ser que estemos todavía unos dentro de otros, y puede ser que habitemos aquella casa de la infancia donde el latido del corazón tenía las mismas letras que la palabra hermano". Luis Rosales. Así abre o prólogo de   27 Casas Poemas para entrar a vivir de Raúl Vacas e David Pintor, o poemario que levamos con nós neste encontró inicial, dedicado as casas nas que habitamos, nas que estivemos ou estamos, das que nos gusta falar. E que cando falamos da nosa casa , mesmo parece que recitamos. Así conversando comezamos o encontró.   Planificamos o proxecto do final do trimestre. Imaxinade con estas fotos de que vai! ...

Identidade e microrrelatos

Imagen
Este curso hai unha nova edición do certame de microrrelatos que temos a medias co IES Basanta Silva de Vilalba. Aproveitamos o celebración do Samaín o pasado venres para ir collendo trazas, cun obradoiro de relato breve en colectivo. Foinos d e medo!