Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2025

Hoxe quedamos!

Imagen
  Chegou o día! Toca iniciar a partida... na primeira das Quedadas literarias deste curso.  Vémonos na biblio, no recreo. Vide cos lapis afiados para a ocasión! Deixámosvos unhas imaxes das últimas actividades do Club de Lectura: a xuntanza da sección de adultas , e a participación dalgunha rapazada no recitado "Rosalía sempre viva" , na Casa Museo Manuel María.  Comentario de Memoria para Xoana e Novela de xadrez Darío López e Mencía Rodríguez (Mención de honra), en Outeiro A vindeira semana, falamos de Novela de xadrez , estade atentos e atentas!

Reivindicar os dereitos da muller.

Imagen
  O oito de marzo , estiveron a ferver na biblioteca e nas aulas, diferentes actividades. Non esquecer a loita das mulleres na historia polos seus dereitos fundamentais e a mellora maneira de seguir reivindicando, todo o que aínda queda por facer. O alumnado colaborador da biblio do Equipo KPACES, botou carreiras entre os andeis e libros da biblioteca para atopar a esas protagonistas; mulleres que escribiron; sobre elas, sobre os seus retos, sobre as batallas ganadas, protagonistas e pioneiras en diferentes facetas . O bó disto e que é unha maneira de que poñan nas súas mans libros que doutro xeitos, secadra non verían, nin lerían. O alumnado de 1º ESO posa coas lecturas atopadas. En 3º da ESO, coa colaboración do profesorado de Valores Éticos e Cívicos, abriuse o debate, tras visualizar o documental "Déjala Votar" na plataforma de Rtve. O alumnado descubríu que non é so cuestión de quen fai as tarefas dentro e fóra da casa, ou quen leva ou non os pantalóns. Entenderon qu...