Entradas

Mostrando entradas de abril, 2025

Estratexias de escrita

Imagen
Estratexia é a síntese das primeiras Quedadas literarias deste ano: emprégase tanto no xadrez (que foi o primeiro motivo de escrita) coma na  guerra (o lema do segundo texto).  A primeira sesión tivo dúas quendas de execución, o 28 e o 31 de marzo. A segunda quedada para escribir, o 10 de abril, achegounos a Palestina, cun poema de Sechu Sende. Van dúas de tres na casa, e despois festexamos a escrita co alumnado de Vilalba! A aínda están pendentes as xuntanzas de comentario das lecturas de abril e maio, aviso navegantes!

Voluntarios en Acción.

Imagen
As mans que sempre axudan. Cando andamos apurados na biblio, cos expurgos, alixeirando espazos, reorganizando e mesmo montando mobiliario que chega novo, nada sería posible sin estes voluntarios.  Hoxe neste artigo deixamos constancia do noso agradecemento polo tempo adicado a mellorar o espazo biblio. Grazas! Nas fotos faltan moitas persoas, pero cando andamos a traballar non pensamos nas fotos. Grazas igualmente a todxs!

A escena, na biblio do Poeta Díaz Castro.

Imagen
  O teatro é unha ferramenta educativa única e xunto coa música, consegue crear un remuíño de ideas nas mentes adolescentes. Alumnado de 2º ESO, traballando sobre " Cara o Cruz, conviviendo con un trastorno menta" Alumnado de 3º ESO, traballando sobre as fronteiras no mundo.  Un ano mais, desde a Aula SiBiblio, a aula de música que é xa unha extensión natural da biblioteca, na que os recursos bibliográficos,  mestúranse coas partituras, creando mensaxes completas a través da escenificación e mesmo arranxos de textos ou inspiración de novos argumentos.  Este curso estivemos traballando na liña do proxecto anual de centro " Para, e pensa", sobre obras como "O Valo", "Nana para un soldado", "La huella de los mapas", "Cara o Cruz", entre outras. Elas foron a semente para a creación de novos traballos escénicos de teatro musical, no que o alumnado de 3º ESO e tamén de 2º ESO, derón p...