Avisos 1 e 2: lectores/as e recitadores/as
A primeira xuntanza da rapazada, o mércores pasado, deu tempo para pouco. Hoxe comezamos a concretar as ideas que parecían saír voando naquel encontro. 13 avisos e Nunca mascotas van dar moito de si, xa vos iremos contando. Pero algún alumno devoto de Paco Roca atopou nos estantes O inferno do debuxante , de Kiko da Silva, e deunos para falar dos dous autores e dos seus proxectos. Tamén sumamos dúas lecturas (case tres) para este outono que semella vir ilustrado e de medo... Iniciáronse as convocatorias específicas, neste caso o CL de poesía volve facer das súas!