Entradas

Mostrando entradas de enero, 2026

Entre versos e prosa, na espera

Imagen
Este 2026 @s do Club de Lectura volvemos con forza, con reunións os mércores e os venres nos recreos. Andamos preparando todo para cando veña Paula Carballeira, en febreiro . Coas súas obras como referencia hai quen le, hai que está facendo ilustracións, e quen ensaia para un recitado .  E falando de recitar... o Día de Rosalía vén vindo aí, e xa hai alumnado que se anotou para darlle voz aos seus versos e aos de outr@s poetas.  Todo isto, en febreiro. Logo virán actividades moi dinámicas. Ide preparándovos para unha primavera intensa!