O ALUMNADO DE MÚSICA CONTINÚA A SÚA VIAXE POLO MUNDO A
TRAVÉS DOS SEUS CADERNOS MUSICAIS VIAXEIROS.
Os Cadernos Musicais Viaxeiros que saíron da Aula de Música
o pasado mes de outubro, levando no seu interior parte da cultura de Guitiriz,
a través das imaxes e textos que o alumnado decidiu que fose no seu interior,
dentro do Proxecto Cadernos Musicais Viaxeiros dirixido e coordinado pola nosa
profesora de música Sandra Tenreiro Doldán, para mostrar ao mundo algunhas das
nosas costumes e tradicións de Guitiriz, xa están viaxando lonxe grazas a colaboración
de novos amigos en Austin, Venezuela, Florida, República Dominicana, China,
Francia.

O alumnado de música
está facendo un seguimento dos cadernos no mapa da nosa aula para aprender daqueles
lugares onde estes son enviados por novos amigos do mundo que
colaboran con nós e axudan a que os nosos cadernos continuen a viaxe. Investigamos a música tradicional deses países, os seus
instrumentos, as lendas e tradicións, pero tamén estamos aprendendo que nos países
onde mais dificultades teñen, as ensinanzas artísticas son unha ferramenta
contra a violencia e outros problemas de conduta social e existen asociacións
preocupadas porque os grupos mais desfavorecidos socialmente sexan os primeiros
en recibir formación musical.
O alumnado tamén está tomando consciencia da situación
de globalización na que está a música de consumo habitual en radio de diferentes partes do mundo, onde as letras, moitas con carácter machista e
pobres de contido, con acompañamento musical mecanizado, pisan ás músicas tradicionais de gran calidade e valor histórico e organolóxico que
grupos mais reducidos loitan por conservar, fronte ao consumo globalizado de
música comercial.
Seguimos a nosa viaxe aprendendo e agardamos que algún
destes sete cadernos musicais, regrese a Guitiriz no mes de Abril, mentres
tanto seguiremos aprendendo a través das viaxes dos
nosos cadernos e soñando con visitar algún deses lugares nalgunha ocasión e
asistir a escoitar esas músicas con fortes raíces.
Comentarios
Publicar un comentario