MIGRACIONES Creación Teatral e Musical





MIGRACIONES
Creación Teatral e Musical

Hoxe tería lugar a estrea no noso instituto, do traballo escénico, teatral e músical: "MIGRACIONES", creado co traballo dos diferentes cursos de música.

 Neste creación, traballamos en relación ao proxecto xeral multidisciplinar deste ano; o cambio climático e a xestión de residuos. Nesta obra o alumnado de música de tódolos cursos, realizou un traballo previo de investigación na biblioteca, para buscar aqueles lugares do mundo nos que inspirarse para crear os seus guións. Ao tempo que as súas historias medraban, ensaiabamos tamén as cancións, as coreografías e os textos  de carácter poético.

Como esta vez non puidemos facer a estrea rodeada dos compañeiros, compartimos con todos un fragmento feito, cos últimos ensaios desde as nosas casas confinados, pero decidimos tamén incluír algunhas escenas gravadas antes do estado de alarma. Agardamos que este traballo creado sobre a música de Jorge Drexler, nos lembre unha vez máis o pequeniños que somos, e as cousas grandes e boas que podemos facer si poñemos ilusión e ganas.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Club de Lectura virtual La dama del alba

Píldoras azules. Reflexión.

O Club de Lectura inaugura curso na nova biblioteca