Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

Benvido MAGOSTO 2021!

Imagen
 MAGOSTO 2021 Benvido! O EQUIPO DE FP BÁSICA encargados do magosto, listos para asar as castañas. Mario e Adrián teñen todo controlado! Petan nas portas as pálidas mans da rapazada do centro, saíndolle os ollos fora das órbitas, hipnotizados polo cheiro das castañas no patio. O outono chega ao recibidor do centro, desde varios departamentos colaboran para encher este espazo de ourizos, mazás e as tradicionais cabazas. Hoxe as mans dos mortos son doces que acollen as visitas ocasionais no centro, gusanos e osos de morto na degustación de postres e receitas terroríficas feitas polas meigas e mortos vivintes das nosas aulas. Cine, contos e historias de medo na biblioteca. Fan de esta mañá unha xornada diferente. Tamén tivemos tempo de xogar! FOTOS MAGOSTO 2021 👆                         Grazas a todos polo traballo e axuda!!. Bo Magosto 2021!!

Preparadas, cámara, acción! .

Imagen
  Preparadas, cámara... Acción! A perspectiva de xénero detrás da pantalla.   O pasado venres, fomos convidados a participar no obradoiro dirixido por Ainhoa Martínez Álvarez;"Preparadas, cámara, acción!! na Biblioteca Casa Habanera do noso concello, dentro do programa Ler Conta Moito. Un grupo de biblio usuarios do Poeta Díaz Castro, fomos os elexidos para participar,  xa que o aforo era limitado. O obxectivo principal; identificar a perspectiva de xénero na gran pantalla.  Tras unha reflexión sobre as películas que coñecíamos...Protagonistas, historia que se narra, papeis das mulleres no cine, diante e detrás das cámaras. Logo, tocaba traballar cos guións e identificar nos diálogos os textos que empoderan o papel da muller no cine ou pola contra a plasman en roles femininos ou en papeis secundarios, subordinados a unha figura principal masculina. Aquí deixamos unhas fotos traballando nos guións.   Finalmente, chegaba o mellor do proceso;...

Os Concursos do Samaín petan na porta!

Imagen
  CONVOCADOS OS CONCURSOS do SAMAÍN  CALACÚS e DOCES TERRORÍFICOS CAL E A TÚA TERRORÍFICA ESPECIALIDADE? Consulta as bases na Biblio e na cartalería dos corredores do centro.   O 25 e 26 de Outubro  recolleremos a túa cabaza na biblioteca,  co teu número de biblio_usuario.    O venres 29 a primeira hora, trae o teu espantoso doce  cunha terrorífica receita  redactada por tí  Identifícate co teu número de Biblio_Usuario. Calquera dúbida! Pasate pola Biblio!

A bordo do Mexique_ # Día das Escritoras I

Imagen
A bordo do Mexique Día das Escritoras Neste mes de outubro no que celebramos o Día das Escritoras, reflexionamos  e valoramos  o labor destas mulleres que deixan páxinas na historia cheas de forza.  Nos comezamos esta andaina na costa,  subindo a bordo do Mexique, un libro de María José Ferrada con ilustracións de Ana Penyas.     O alumnado chega a historia con páxinas soltas,  viaxan a outra época na que a guerra civil facía estrago na vida dun pobo. Facemos unha lectura de páxinas no ar , aleatoriamente,   e van intuindo o que sucede a través de fragmentos do texto ou analizando as ilustracións de Ana.  

Mochileros lectores

Imagen
  Mochileros lectores en 1º da ESO                                  O curso virá cargado de actividade na biblioteca, máis agora que estamos comezando o curso, as que marchan cheas do centro son as mochilas cheas de propostas lectoras para as familias. O alumnado de 1º ESO , será o responsable de facer chegar a tódalas casas as mochilas, eles coma sempre podrán deixar propostas, ideas e comentarios no caderno adxunto en cada mochila. Prensa, narrativa, poesía, banda deseñada en galego, cine..., agardamos que veñan cheas de ideas e ganas de mais.

Veña que vai outro ano máis!

Imagen
   O Club de Lectura   reinicia actividade. O vindeiro luns, no primeiro recreo está convocado o alumnado recén chegado ao centro -1º ESO- para unha sesión informativa. Ao longo da semana haberá outras xuntanzas para ver como podemos organizarnos este ano. Estade ao tanto...  A novidade deste ano é que tamén haberá sección de adult@s!