Benvido MAGOSTO 2021!

 MAGOSTO 2021 Benvido!


Petan nas portas as pálidas mans da rapazada do centro, saíndolle os ollos fora das órbitas, hipnotizados polo cheiro das castañas no patio.




O outono chega ao recibidor do centro, desde varios departamentos colaboran para encher este espazo de ourizos, mazás e as tradicionais cabazas.




Hoxe as mans dos mortos son doces que acollen as visitas ocasionais no centro, gusanos e osos de morto na degustación de postres e receitas terroríficas feitas polas meigas e mortos vivintes das nosas aulas.







Cine, contos e historias de medo na biblioteca. Fan de esta mañá unha xornada diferente.





Tamén tivemos tempo de xogar!

                        Grazas a todos polo traballo e axuda!!.




Bo Magosto 2021!!

Comentarios