Fun a Parga e Guitiriz...
Na sección de adultas do Club de Lectura puxémonos en movemento: desta volta fomos cara ao campo da feira de Parga. E que ben nos prestou estar ao lado do río falando de Identidade e decidindo os libros do verán! En setembro retomaremos as xuntanzas, para poñer en común as nosas impresións de Camuflaxe de Lupe Gómez e Golpes de luz , de Ledicia Costas e Cuida de tus plantas para que ellas cuiden de ti , de Nena Von Flow. Aquí nos tedes, con algúns libros que deron que falar... A rapazada da sección de poesía tamén tivo un peche memorable coa lectura dunha selección de sonetos dos Séculos de Ouro... para que logo digan que a xuventude de agora non está versada! Vémonos o vindeiro curso, con novidades como a sección de escrita creativa. Tomade nota! Boas lecturas!