Na sección de adultas do Club de Lectura puxémonos en movemento: desta volta fomos cara ao campo da feira de Parga. E que ben nos prestou estar ao lado do río falando de Identidade e decidindo os libros do verán!
En setembro retomaremos as xuntanzas, para poñer en común as nosas impresións de Camuflaxe de Lupe Gómez e Golpes de luz, de Ledicia Costas e Cuida de tus plantas para que ellas cuiden de ti, de Nena Von Flow.
![]() |
Aquí nos tedes, con algúns libros que deron que falar... |
A rapazada da sección de poesía tamén tivo un peche memorable coa lectura dunha selección de sonetos dos Séculos de Ouro... para que logo digan que a xuventude de agora non está versada!
Vémonos o vindeiro curso, con novidades como a sección de escrita creativa. Tomade nota!
Boas lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario