Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2022

Planeta Lector. Hora de Ler

Imagen
PLANETA LECTOR Quen nos ía dicir que comenzaríamos o curso invadidos de forma prematura por seres dun calmado comportamento que asolagan os espazos lectores, recunchos que mudan encantadores ante a súa presenza.  Eses seres misteriosos que algúns chaman, "adolescentes", desprenden unha luz enfeitizada. Parece que respiran o aire que sae ao pasar as páxinas cheas de historias, viaxes e encontros. Non cabe dúbida, estamos ante o renacemento do PLANETA LECTOR,   Benvidos á Hora de  Ler, no Poeta Díaz Castro. O movemento lector estase a espallar con rápidez estas semanas, algúns falan outras linguas e  descu brimos lecturas novidosas👈👈👈  con eles. Outros seres mesmo escreben, debaten e empatizan a través de lecturas grupais; Cada vez son mais, xa non hai volta atrás...