Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

26 de Maio. KPACES " O artista que levas dentro" II Parte

Imagen
  26 de Maio. Kpaces. O artista que levas dentro. II Parte Rematamos as accións deste curso escolar do Equipo Kpaces, da biblio Poeta Díaz Castro, con moi boa nota! Alumnado de 3 ESO Música e Proxe. Competencial cos compañeires do Grupo de Memoria. Equipo Kpaces 2022/23. Hoxe música, teatro e lectura co grupo de maiores kpaces, que colaboran con nós no proxecto. Con eles fixemos teatro no escenario da Biblio " Casa Habanera" .  Logo de coñecer o álbum ilustrado " Cara o Cruz" Lou Lubie, sobre os que traballamos un guión adaptado e a música para acompañalo, falando de depresión , ou mais ben dándolle unha patada no cu, con esta creación teatral dirixida por Sandra Tenreiro, que liou este proxecto para facer biblioteca coa veciñanza. Tocaba saír a escena, xuntos, descubrindo o artista que levamos dentro e demostrando que novos e maiores en equipo traballamos moitos mellor !. Grazas aos compañeires do Grupo de Memoria, grazas tamén aos maiores do centro de día ...

Todas as letras

Imagen
Estes días a poesía ocupou a nosa biblioteca unha vez máis, esta vez da man de Gian Pierre Codarlupo , que nos presentou o haiku, e a obra de poetas tan diversos como Díaz Castro, Blanca Varela ou César Vallejo. E non só iso. Púxonos a escribir ata con pincel... Agradecémoslle as súas achegas , e a Alfonso Blanco que nos puxera en contacto con el para esta proposta. Por certo, xa tedes listos os vosos traballos para o certame Terra Chá de Xermolos ? Non esquezades que o prazo remata o día 30.

Maio vilariño

Imagen
  Aló foron as nosas vilariñas . Máis de sesenta, entre as dúas categorías xuvenís e as adultas.  Categoría A, de 12 a 15 anos     Categoría A, de 12 a 15   Categoría B, de 15 a 18 E viñeron as de Vilalba, que dan que falar... non é doado escoller, pero niso andamos.  Alumnado realizando as súas valoracións nun recreo A finais de mes, o alumnado do IES Basanta Silva virá visitarnos, haberá que facerlles un recibimento! A sección de maiores do CL reuniuse onte á tardiña, para comentar de El síndrome de la impostora e Sabor a ti , aínda que coa nosa anarquía habitual, recuncamos noutras como as Instrucións para tomar café , O perfume, La vida era eso ou Tierra . As seguintes lecturas son As malas mulleres e Por si las voces vuelven , pero Con pés de la  cadrounos ao pelo para falar de lingua e poñer en común a fraseoloxía do galego que cadaquén emprega a cotío. Debullando lecturas e experiencias, a sección de adult@s E case todo maio por diante aínda...

5 Mayo Biblio KPACES. O artista que levamos dentro. Parte I

Imagen
Biblio-KPACES 5  de Mayo.   O artista que levas dentro ç           Chegando a recta final deste curso cheo de accións e emocións, de convivencia coa veciñanza. Un novo reto, sacar o artista que levamos dentro, o artista que levan dentro os nosos compañeires maiores do equipo biblioKpaces .  Nesta xuntanza, traballamos con eles o guión teatral que creamos adaptando uns fragmentos do libro " Cara o Cruz. Conviviendo con un trastorno mental" . Falamos da depresión, de como afrontala. A música e o teatro e a lectura compartida, claves para darlle unha patada no cu. Conseguiremos representar esta obra cos nosos compañeires Kpaces do Grupo de Memoria de Guitiriz? Botamos unhas risas xuntos e isto promete, subiremos xuntos ao escenario. Seguro! Somos Kpaces!. O traballo musical e presentación do guión corre a cargo de Alex, Sergio e Bea coa direción musico-teatral da profe que liou todo isto; Sandra Tenreiro.