5 Mayo Biblio KPACES. O artista que levamos dentro. Parte I





Biblio-KPACES 5  de Mayo. 

O artista que levas dentro

ç


          Chegando a recta final deste curso cheo de accións e emocións, de convivencia coa veciñanza. Un novo reto, sacar o artista que levamos dentro, o artista que levan dentro os nosos compañeires maiores do equipo biblioKpaces



Nesta xuntanza, traballamos con eles o guión teatral que creamos adaptando uns fragmentos do libro " Cara o Cruz. Conviviendo con un trastorno mental". Falamos da depresión, de como afrontala. A música e o teatro e a lectura compartida, claves para darlle unha patada no cu.
Conseguiremos representar esta obra cos nosos compañeires Kpaces do Grupo de Memoria de Guitiriz?
Botamos unhas risas xuntos e isto promete, subiremos xuntos ao escenario. Seguro!
Somos Kpaces!.
O traballo musical e presentación do guión corre a cargo de Alex, Sergio e Bea coa direción musico-teatral da profe que liou todo isto; Sandra Tenreiro.











Comentarios