Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

Onde comeza o verán

Imagen
A sección de maiores do Clube de Lectura tivo onde a última xuntanza deste curso, e celebrámola na cafetería do balneario.  As lecturas oficiais para comentar eran As malas mulleres  de Marilar Aleixandre e Por si las voces vuelven  de Ángel Martín, pero coma sempre, uníronse outras obras e a conversa deu para moitas outras cuestións. A imaxe distorsionada de mulleres relevantes na historia, a necesidade de recuperar eses referentes, a saúde mental e a falsa tolerancia social á diversidade foron algunhas delas. No verán teremos nas mans, entre outros libros de escolla libre, Non penses nun elefante rosa de Antía Yáñez, e a noiva e o navío de Susana Sánchez Arins. Aproveitaremos para estrear neles os chulísimos marcapáxinas que nos trouxo Paqui. Graciñas a tod@s, e bo verán!

Arredor das palabras

Imagen
Rematou o curso coa II Feira de Proxectos , que ademais foi unha Xornada de Portas Abertas. Entre os distintos proxectos que foron presentados ao público estaba 'Arredor das palabras' , espazo no que alumnado colaborador da biblioteca e algunhas profes dos departamentos de linguas amosaron as distintas posibilidades lúdicas e creativas da lingua e a literatura.  O alumnado colaborador recibe a un dos grupos de visitantes José Fernández fala dos certames de Microrrelatos e Vilariñas Nora Tomé refire en que consistía 'O meu metro cadrado' Elba Sanmartín explicou a actividade do Día da Ilustración Panel resumo das actividades de creación realizadas este curso. Foi un excelente escaparate de actividades tan exitosas este ano como os certames de Microrrelatos e de Vilariñas.  Vilariñas gañadoras do IES Poeta Díaz Castro E o próximo ano, máis lecturas e escrita! Lede e creade moito no verán, biblioguitiricenses 😆 Helena Hang Fernández Quintela, Marta Pumares e Sara Basanta...

Puxémoslle o ramo a maio

Imagen
  Quedaba despedir a tempada de  vilariñas , e para iso veu visitarnos o alumnado do IES Basanta Silva o día 30. Aquí tedes imaxes desa xornada. Alumnado de Vilalba e Guitiriz gañador do primeiro certame xuvenil de Vilariñas Outros momentos da entrega de premios e paso da rapazada de Vilalba pola nosa biblioteca Obradoiro de papel reciclado, fase 1. Materiais e explicacións (1ºBAC) Obradoiro de papel reciclado, fase 2. Coas mans na masa coa supervisión de María e Janaina  😏 Versos á carreira, en Sete Muíños Todo un éxito grazas ao alumnado de 4º da ESO de Guitiriz E, xa en xuño tivemos outra visita: o alumnado dos coles que para o ano estudará no noso instituto. Entre as actividades de acollida houbo tamén momentos poéticos: o alumnado de portugués fixo unha versión do teléfono estropeado con poemas , e na biblio houbo unha pequena exposición das vilariñas escolares feitas pola rapazada do CEIP de Lagostelle este ano. Atendendo ás indicacións previas ao xogo