Ilustrando a identidade.
Ilustradoras creativas na Biblio do Poeta Díaz Castro. Equipo KPACES. Este 30 de xaneiro iniciamos co equipo da biblio KPACES ( 1º ESO Prox. Competencial) un caderno ilustrado de identidade (Proxecto de centro). Que somos? Que é importante nas nosas vidas? A paleta de cores. Proceso creativo Iniciamos o proceso e comezamos polo mais simple, aquelas especias coas que cociñan nas nosas casas con tanto cariño, ou aqueles pétalos de flor que tinguen de morado as mans, así desde o cotidiano creamos unha paleta de cor ; cúrcuma, pirixel, cacao puro ou café. Convidaremos a veciñanza a traballar unha vez mais en equipo con nós neste traballo creativo atopando a identidade nas liñas e ilustracións que neste caderno se recollan. Organizaremos o bradoiros na Casa Capataz, centro de día e tamén na Biblioteca "Casa Habanera" donde o equipo, ensinará ao maiores trucos para dar vida a este caderno. Vamos cargados de libros, que fal...