Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Lugo por partida dobre

Imagen
A temática mitolóxic a que abordamos recreada en formatos narrativos diversos, sumou dúas saídas ao que estaba previsto. Por unha parte, a exposición " Literatura e videoxogos " no MIHL non podía pasársenos. E aló fomos, asumindo unha visita guiada por nós mesm@s (baixo a dirección de Jairo, que repartiu os roles correspondentes). Xuntanza de organización da saída ao MIHL Dúas paradas explicativas da visita Por outra, o departamento de Latín e Grego convidou ao alumnado do club de lectura a asistir á representación da Medea de Eurípides no auditorio Gustavo Freire, e de paso, 'caeu' a visita ao Museo da Romanización e a outras localizacións lucenses que recordan a orixe da cidade. Debémoslle unha a Susana, profe de clásicas!   Andamos recrutando xuris para os microrrelatos . Animádevos!!

Encontro Rosaliano do equipo KPACES

Imagen
  Encontro Rosaliano do equipo KPACES. O equipo da biblio do Poeta Díaz Castro, saíu hoxe ao encontró coa veciñanza na biblioteca “Casa Habanera” en Guitiriz. O alumnado de 3º ESO B e alumnado de música de 4º ESO saíu cunha chea   de propostas para traballar xuntos. Iniciamos o encontró cun Obradoiro de ilustración que presentamos co traballo de alumnado de 1º ESO , sobre o proxecto  anual do centro deste curso: " Identidade ”; convidamos a todos a participar na creación do “Caderno Nós”, un álbum ilustrado que recolle a esencia do que somos e do que nos importa, traballando con acuarelas naturais que dan cor as palabras claves da nosa identidade. Seguidamente o alumnado de música que traballa música e poesía para dinamizar recursos desde a aula SI b iblio aportando sempre temas musicais , recursos poéticos, narrativa ou teatro a toda a veciñanza Hoxe interpretaron poemas de Luisa Villalta, “ Torre” e   a estrea de hoxe “ Est...

Ciencia Visible.

Imagen
CIENCIA VISIBLE Os corredores da ciencia no Poeta Díaz Castro. Nestes días o centro quedou asolagado polas interesantes exposicións asociadas aos proxectos de centro e coordinadas desde os departamentos de Física e Química con Ana Sánchez e desde Bioloxía con Ruth Llovo. O alumnado de 1º ciclo participou para dar visibilidade ao  mundo da física e tomar conciencia da auga do planeta e o seu consumo. Os recursos das biblio acompañaron estes días nos que poñemos o foco na importancia do papel das adolescentes e rapazada en xeral, para impulsar a motivación e temas de interés para todos, tanto porque forman parte dos currículos como da nosa vida cotiá. Meteorólogxs Guitiriz. Exposición 2º ESO. Átomos, Neutrones e Electrones. Ademáis na cerna do centro o rexistro semanal do alumnado de 1º ESO, coa recollida de datos dentro do programa Meteoescolas. As nosas meteorólogas e meteorólogas, son constantes coa recollida de datos ao longo de todo o curso, coa coordinación de Fátima Castro.

De donas e fanzines

Imagen
O club de lectura realizou unha saída á Coruña para facer un percorrido literario ao redor da figura de Luísa Villalta e doutras autoras vencelladas á cidade. Na mesma xornada visitamos o Arquivo do Antigo Reino de Galicia , onde vimos documentos orixinais tan interesantes como un manuscrito de Rosalía de Castro, e ademais tivemos a ocasión de ver o proceso de restauración de materiais textuais. Toda unha experiencia! Algúns momentos dos recitados no roteiro Donas da súa vida Grazas a Carmela, Patricia e María Xosé Bravo as rúas foron poesía Selección documental variada coa que nos recibiron Explicación no obradoiro de restauración de papel E de ser espectadores/as da literatura pasamos a ser creadores/as , grazas ao obradoiro de fanzines de "Otras narrativas" : aí tedes unha mostra da nosa produción só nun par de horas. Espectacular! Clara Jorge amosounos o que se pode facer en pouco tempo con moita imaxinación Parece que a monomanía heroica que nos levou dos cómics ás c...