De donas e fanzines

O club de lectura realizou unha saída á Coruña para facer un percorrido literario ao redor da figura de Luísa Villalta e doutras autoras vencelladas á cidade. Na mesma xornada visitamos o Arquivo do Antigo Reino de Galicia, onde vimos documentos orixinais tan interesantes como un manuscrito de Rosalía de Castro, e ademais tivemos a ocasión de ver o proceso de restauración de materiais textuais. Toda unha experiencia!

Algúns momentos dos recitados no roteiro Donas da súa vida

Grazas a Carmela, Patricia e María Xosé Bravo as rúas foron poesía

Selección documental variada coa que nos recibiron

Explicación no obradoiro de restauración de papel

E de ser espectadores/as da literatura pasamos a ser creadores/as, grazas ao obradoiro de fanzines de "Otras narrativas": aí tedes unha mostra da nosa produción só nun par de horas. Espectacular!

Clara Jorge amosounos o que se pode facer en pouco tempo con moita imaxinación

Parece que a monomanía heroica que nos levou dos cómics ás consolas e logo aos relatos clásicos vai ter un novo episodio este xoves, coa visita á exposición do MIHL sobre literatura e videoxogos.


Comentarios