Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

A identidade a través das emocións.

Imagen
 Emocións coas que me identifico. Este trimestre na biblio, seguimos traballando en relación a " Identidade" ( proxecto de centro). A través da ilustración traballamos as emocións guiados polo mapa gráfico de Eduard Punset, Rafael Bisquerra e Palaugea. O equipo KPACES que sairá nos próximos días a falar de todo isto coa veciñanza, experimenta na creación do caderno desta comunidade.   Axudados por outras lecturas complementarias que aclaran dúbidas e axudan a entender as emocións que vivimos día a día, a facernos conscientes delas e dos efectos positivos ou negativos que causan na nosa rutina.  Nesta imaxe quedan recollidos outros recursos utilizados, para a segunda parte deste " Caderno Nós, ilustrando identidade". As cores e materiais para ilustrar tamén forman parte dos nosos, xardíns, da nosa cociña, polo que na biblio houbo un cheiriño a canela, cúrcuma e mesmo café. Aquí queda recollida a imaxe ao rematar unha das sesións

O que non se ve: reto 8M

Imagen
Este ano propuxemos un reto  para visibilizar as obras de mulleres na biblio,  pol o 8M. Pedímoslle ao alumnado do Club de Lectura que convidase a outra rapazada a sumarse a unha actividade flash : identificar nos expositores os libros de autoras cunhas cartolinas; se as obras eran de homes, xirábanse e buscábase un de muller para superpoñer.  Explicación da actividade, nos cinco minutos iniciais do recreo aos primeiros en chegar Houbo sorpresas inquietantes nalgún expositor no ámbito das ciencias, malia que o equipo da biblio é sensible á equidade na escolla de materiais... a imaxe fala por si mesma 😩 Materiais básicos e mostra do 'caso' concreto dunha estantería exterior cheíña de homes O éxito de participación permitiu contrarrestar tanta desigualdade  cun 'rescate' de grandes referencias en feminino.  Aí as tedes, onde sempre tiveron que estar: á vista de tod@s!