Este ano propuxemos un reto para visibilizar as obras de mulleres na biblio, polo 8M. Pedímoslle ao alumnado do Club de Lectura que convidase a outra rapazada a sumarse a unha actividade flash: identificar nos expositores os libros de autoras cunhas cartolinas; se as obras eran de homes, xirábanse e buscábase un de muller para superpoñer.
![]() |
Explicación da actividade, nos cinco minutos iniciais do recreo aos primeiros en chegar |
Houbo sorpresas inquietantes nalgún expositor no ámbito das ciencias, malia que o equipo da biblio é sensible á equidade na escolla de materiais... a imaxe fala por si mesma 😩
![]() |
Materiais básicos e mostra do 'caso' concreto dunha estantería exterior cheíña de homes |
O éxito de participación permitiu contrarrestar tanta desigualdade cun 'rescate' de grandes referencias en feminino.
Aí as tedes, onde sempre tiveron que estar: á vista de tod@s!
Comentarios
Publicar un comentario