kPACES, da música tradicional ao trap con Branca Villares.
Encontro do Biblio Equipo KPACES con Branca Villares. Alumnado de 3º ESO cos compañeiros do Grupo de Memoria na Biblio " Casa Habanera". O pasado venres 18 o equipo KPACES da biblio do Poeta Díaz Castro, iniciou as actividades cos seus compañeiros e compañeiras do Grupo de Memoria, convidados por Ana Pérez da biblioteca do concello "Casa Habanera". Este primeiro encontro enmarcado dentro do Programa " Ler Conta Moito" iniciose co obradoiro de Branca Villares; " Baila Morena" ; unha viaxe a golpe de pandeireta desde a música tradicional ao Trap, poñendo o ollo nas letras que se cantaban e as que se cantan, xénero e violencia sexual . Abriuse un intenso debate no que maiores e novos expresaron opinións e inquietudes desde ambalas dúas xeracións. Non hai mellor maneira de conmemorar o "Día das Bibliotecas". O alumnado do equipo KPACES , xa está a traballar en novas actividades que realizarán cooperativamente coa veciñanza de Guti...