Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2025

Rosalía inspíranos na chaira

Imagen
O venres celebramos a Rosalía cun recitado de poesía , onde os seus versos dialogaron con outras voces poéticas contemporáneas: Ana Romaní, Luísa Villalta, Thamizhachi Thangapandian e Manuel María.     Grazas poetas (Olalla, Izan, Nora, Juan, Paula, Nerea, David, Danny, Aroa, Darío e Mencía)! Agora tócavos coller a palabra! Volve por terceiro ano a actividade de escrita compartida co IES Basanta Silva de Vilalba. Desta vez, a modo de quedadas literarias entrecruzadas.   Vide á  biblio  para saber máis, consultade as bases, e... animádevos a participar! A inscrición está aberta ata o 6 de marzo , veña que voa... En breve, máis poesía e máis lecturas!

KPACES. Redes de lectura coa veciñanza.

Imagen
Constelación Lectora. Puntos de Lectura activos para a veciñanza. Deixamos hoxe información dos puntos de lectura, da  Constelación Lectora , activados polo Equipo KPACES da Biblio do IES, en Guitiriz e Parga. Deixamos hoxe información dos puntos de lectura, da  Constelación Lectora , activados polo Equipo KPACES da Biblio do IES, en Guitiriz e Parga. O último punto en Parga, no Café Bar O Recreo , grazas a colaboración de Fernando.   O Equipo KPACES estará ao tanto das necesidades lectoras da veciñanza e actualizará os puntos lectores con materiais segundo demanda. Outros puntos xa activos , grazas a Paqui no Agro Abelleira  e Ana de Amador na Ferretería. Pasádevos por alí e sede novos lectoras/es de esta Constelación.