Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

Aviso 4: chega Rosalía

Imagen
  E despois de Paula Carballeira (ver embaixo), achégase a data de poñer voz aos poemas de Rosalía de Castro . En breve vai ser o recital para conmemorar o seu nacemento: o alumnado do Club de Lectura está fiando o guión para presentar os poemas elixidos este ano.   Tamén andamos xa coas seguintes lecturas de cómic: Enrugas de Paco Roca , e Adelina de Sandra Lodi . En relación coa banda deseñada hai outra proposta ao caer... polo de agora non se pode dicir máis. E logo retomaremos o club de escrita, aproveitando os textos que xurdiron no obradoiro de escrita de Paula Carballeira .  Materiais do obradoiro de (re)creación de María Gómez, e imaxes da actividade de Paula Carballeira Aquí podedes ver un resumo da súa visita, que deu ademais para un encontro coas persoas lectoras, e permitiu xuntar ao alumnado máis creativo de Guitiriz e de Vilalba.   Este vídeo de Ana Gómez amosa a versión musical do relato "A porta pechada" de Paula Carballeira, con melodía orix...