Aviso 4: chega Rosalía
E despois de Paula
Carballeira (ver embaixo),
achégase a data de poñer voz aos poemas de Rosalía de Castro.
En breve vai ser o recital para conmemorar o seu nacemento: o
alumnado do Club de Lectura está fiando o guión para presentar os poemas
elixidos este ano.
Tamén andamos xa coas seguintes lecturas de cómic: Enrugas de Paco Roca, e Adelina de Sandra Lodi. En relación coa banda deseñada hai outra proposta ao caer... polo de agora non se pode dicir máis.
E logo retomaremos o club de escrita, aproveitando os textos que
xurdiron no obradoiro de escrita de Paula Carballeira.
![]() |
| Materiais do obradoiro de (re)creación de María Gómez, e imaxes da actividade de Paula Carballeira |
Aquí podedes ver un resumo da súa visita, que deu ademais para un encontro coas persoas lectoras, e permitiu xuntar ao alumnado máis creativo de Guitiriz e de Vilalba.
Este vídeo de Ana Gómez amosa a versión musical do relato "A porta pechada" de Paula Carballeira, con melodía orixinal de Sandra Tenreiro, na súa voz e na do alumnado participante. Moitas grazas, compañeiras, sodes unhas artistas!

Comentarios
Publicar un comentario