
Para saber máis pincha aquí
O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
presenta un documental para difundir a figura do poeta que dá nome ó Instituto
e reivindicar que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas do 2014. A curtametraxe,
titulada “A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro” ten quince
minutos de duración, inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado
musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son
interpretados pola aula de música do centro. O documental foi realizado por
alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO dentro dun proxecto enmarcado nos programas da
Consellería de Educación de fomento da excelencia..
Dende a escrita do guión, ata a
realización das entrevistas, todo o documental foi realizado polo alumnado
co apoio de profesores e máis de Cristina de la Torre, xornalista e realizadora
en Pasen y Vean Comunicación, quen se encargou de dirixir o obradoiro. A
directora do centro, Olga Aguiar, destaca que o resultado superou con moito as
expectativas e agardan que a curtametraxe lle dea repercusión ó traballo educativo
que se realiza cos alumnos do rural galego, ademais de axudar a difundir a
figura de Díaz Castro: “Un autor aínda moi descoñecido e que precisa recuperar
o seu lugar no imaxinario cultural galego”. Sandra Tenreiro, a profesora de
música e que compuxo as cancións, destacou a creatividade e implicación dos
rapaces, ata o punto de que un alumno de bacharelato versiona e rapea un dos
poemas. Tódalas cancións terán licenza Creative Commons e estarán dispoñibles
en Internet.
Noraboa polo traballo!
ResponderEliminarO documental ten unha calidade sorprendente, que está a altura da obra do poeta e das intervencións de Marica Campo e Alfonso.
E a banda sonora ¡ e unha delicia! Moi, moi emocionante
Parabéns. Non atopo as palabras para explicar as sensacións que me provocou o voso documental, o que si sei e que só serían palabras de loubanza. Noraboa rapaces e rapazas, noraboa mestres e mestras, noraboa tamén a todos aqueles que colaboraron dende a sombra. Anímovos a que o presentedes en política lingüística, se é que non o fixéstedes, alegraríame que chegara o meu centro. Que mellor homenaxe a un poeta que este voso traballo. Parabéns de novo, esta é a escola que merece a pena, a que está VIVA e da VIDA os seus alumnos.
ResponderEliminar