Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

Tempo de poesía e teatro

Imagen
  Tempo de poesía e teatro Coa velocidade que leva este curso e o vértigo no que vivivmos,  ocurriusenos unificar a poesía e o teatro. Xogamos e ensaiamos diálogos poéticos para reflexionar e mesmo rir un pouco. Diálogos Poéticos. Tódolos ensaios. Lista de reprodución Improvisando conversas cos versos dunha selección poética variada xurdiron diálogos tolos e tamén cheos de cordura e razón, reivindicando  sentido común e paz. Obsectivo acadado; Desconectar e ser felices recitando ou interpretando. 

TES UN CONTO!. Día do Libro

Imagen
  TES UN CONTO! Contar por contar non está mal, pero contar cun obxectivo solidario, para conmemorar o Día do Libro 2022, iso está moi ben! Nestas semanas poñémonos a escribir un conto, iso si,   non esquezades integrar de forma creativa na vosa historias, as palabras que suxerimos neste cartel.   Tomaremos a palabra novamente na biblioteca, para contar os contos a outros compañeiros , asi que, si tes conto...Adiante! Os mellores contos, serán publicados para recaudar fondos para as familias mais vulnerables do Concello.

Vidas, amores, convites...

Imagen
  ...todo isto só pode ser un Club de Lectura, claro. Neste caso, a sección de adultas aplicouse a fondo, como podedes ver nesta foto da sesión do 3 de marzo. Houbo unha papatoria moi do tempo, grazas a unha das nosas lectoras, pero non quedaron sen debullar as obras propostas, que nesta ocasión non nos encheron de todo o ollo. Igual eran algo densas de máis para o Entroido... calidade no relato e no contido, sen dúbida, pero faltoulles certo  atractivo para botarlles o dente. E aínda houbo máis: comezamos a sesión facendo plaxios poéticos, na zona habilitada ao efecto, e lendo unha breve composición ('Nadadora' de Concha Méndez), que nos cadraba moito coa referencia á vida das mulleres na II República, tan presente na obra de Mª Xosé Queizán.  As seguintes lecturas que imos facer son  Pretérito imperfecto , de Minerva Varela (unha ex alumna do centro, por certo) e Noites de safari , de Marleen Malone.   Desta volta alixeiramos algo a maleta lectora, agora...

Encontro con Pablo Prado

Imagen
 Pablo Prado. O derradeiro libro de Emma Olsen. O pasado 4 de marzo, Pablo Prado visitou a nosa biblioteca. Contamos coa súa presenza para que nos falase da adaptación en banda deseñada da novela de Berta Dávila, que leva o mesmo nome " O derradeiro libro de Emma Olsen". Unha actividade en colaboración co EDLG do insti, e compañeiros de departamento que desfrutou o alumnado de 4º ESO e membros dos diferentes "Club de Lectura" . Deixamos enlace tamén ao  blog do EDLG✋ " Movendo Marcos ", alí veredes fotos e información curiosa do acontecido. Nós deixamos este pequeno vídeo no que Pablo fala coa rapazada da linguaxe do cómic; da importancia da imaxinación e as diversas maneiras de traballar cos planos e a información visual destes. Os infinitos recursos do cómic, contados por aquel rapaz que facía "garabatos" nun papel porque lle axudaba a evadirse cando o precisaba.