Encontro con Pablo Prado

 Pablo Prado. O derradeiro libro de Emma Olsen.

O pasado 4 de marzo, Pablo Prado visitou a nosa biblioteca. Contamos coa súa presenza para que nos falase da adaptación en banda deseñada da novela de Berta Dávila, que leva o mesmo nome " O derradeiro libro de Emma Olsen".



Unha actividade en colaboración co EDLG do insti, e compañeiros de departamento que desfrutou o alumnado de 4º ESO e membros dos diferentes "Club de Lectura" .

Deixamos enlace tamén ao  blog do EDLG✋ " Movendo Marcos", alí veredes fotos e información curiosa do acontecido.

Nós deixamos este pequeno vídeo no que Pablo fala coa rapazada da linguaxe do cómic; da importancia da imaxinación e as diversas maneiras de traballar cos planos e a información visual destes. Os infinitos recursos do cómic, contados por aquel rapaz que facía "garabatos" nun papel porque lle axudaba a evadirse cando o precisaba.




Comentarios