Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

Ide vindo, ide vindo

Imagen
O  Clube de Lectura  de adultas reinicia actividade. O mércores 4 de outubro comentamos Non penses nun elefante rosa ; quedounos a noiva e o navío para a seguinte xuntanza, onde poñeremos en común unha selección de poemas. Ademais fixéronse diferentes propostas para ir debullando ao longo do curso. Aquí tedes algunhas, as máis próximas. Das outras, xa vos iremos contando... Este mes, difundimos a escrita de mulleres na biblio. A rapazada tivo que descubrir os nomes dalgunhas delas e os títulos das súas obras, nun percorrido guiado por alumnado de reforzo, que elaborou uns pasatempos que levaban a espazos tan representativos como o salón de actos Marica Campo ou a expositores coma os da imaxe.

Zentangle e Poesía con identidade.

Imagen
 Zentangle. Meditación, poesía e debuxo. Un grupo  de alumnos da Biblio Poeta Díaz Castro, estaba convocado hoxe para unha actividade especial, requeríamos pouca xente, pois falábase,  de que acabaríamos meditando e... así foi. O alumnado da Radio Fábrica de Poetas e alumnos de 3º B ESO saían hoxe da biblio do Poeta Díaz Castro , para coñecer de man da experta en Zentangle; Elisabet Hillerud , esta técnica de meditación e búsqueda da calma a través do debuxo, libre ou guiado.  Nós para entrar nese momento de calma e escoita eleximos enriquecer o poema de Manuel María " Canto ao idioma galego" coa técnica do Zentangle, asociando esta actividade ao proxecto anual do centro # Identidade . Tras a lectura do poema, relaxámonos guiados pola voz de Elisabet, a través das márxenes e entre as palabras que asomaban no poema de Manuel María.  Deixamos un vídeo resumo do momento zen vivido. Grazas a nosa compañeira na biblio Casa Habanera; por convidarnos a este encon...