Zentangle e Poesía con identidade.

 Zentangle. Meditación, poesía e debuxo.

Un grupo  de alumnos da Biblio Poeta Díaz Castro, estaba convocado hoxe para unha actividade especial, requeríamos pouca xente, pois falábase,  de que acabaríamos meditando e... así foi. O alumnado da Radio Fábrica de Poetas e alumnos de 3º B ESO saían hoxe da biblio do Poeta Díaz Castro, para coñecer de man da experta en Zentangle; Elisabet Hillerud, esta técnica de meditación e búsqueda da calma a través do debuxo, libre ou guiado. 

Nós para entrar nese momento de calma e escoita eleximos enriquecer o poema de Manuel María " Canto ao idioma galego" coa técnica do Zentangle, asociando esta actividade ao proxecto anual do centro # Identidade. Tras a lectura do poema, relaxámonos guiados pola voz de Elisabet, a través das márxenes e entre as palabras que asomaban no poema de Manuel María. 

Deixamos un vídeo resumo do momento zen vivido. Grazas a nosa compañeira na biblio Casa Habanera; por convidarnos a este encontro.




Comentarios