Ide vindo, ide vindo

Clube de Lectura de adultas reinicia actividade. O mércores 4 de outubro comentamos Non penses nun elefante rosa; quedounos a noiva e o navío para a seguinte xuntanza, onde poñeremos en común unha selección de poemas. Ademais fixéronse diferentes propostas para ir debullando ao longo do curso. Aquí tedes algunhas, as máis próximas. Das outras, xa vos iremos contando...


Este mes, difundimos a escrita de mulleres na biblio. A rapazada tivo que descubrir os nomes dalgunhas delas e os títulos das súas obras, nun percorrido guiado por alumnado de reforzo, que elaborou uns pasatempos que levaban a espazos tan representativos como o salón de actos Marica Campo ou a expositores coma os da imaxe.







Comentarios