Manuel María, chaira e vento do mar
Aló foi o gran día! Vilalba e Guitiriz apertáronse coa escrita e coa lectura na Casa Museo de Manuel María , co gallo do II Certame de Microrrelatos organizado dende as bibliotecas do IES Poeta Díaz Castro e do IES Santiago Basanta Silva. Grazas a Antón Laxe, á Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Xurxo Souto e ao profesorado e alumnado implicado, a xornada foi todo un éxito. Todo comezou cun remexido de claves villaltianas , que permitiu misturar alumnado dos dous centros para as distintas actividades propostas (xincana na horta, visita guiada á casa, obradoiro de regueifa e espazo Villalta). A maiores, un pequeno tempo de lecer e unha gala de entrega de premios que tivo como peche a presenza de Xurxo Souto , quen nos lembrou que Manuel María e Luísa Villalta tanto eran poesía como música. Medre a festa chairega que se fai con vento do mar!!! Alumnas de Vilalba desenvolvendo o obradoiro de regueifa, acompañadas por Almudena Introdución á obra de Luísa Villalta cunha dinám...