Hoxe é o gran día! Imos a Outeiro, á Casa de Hortas, cerne da escrita de Manuel María, onde a rapazada dos clubs de lectura de Vilalba e Guitiriz celebra unha convívio creativa previa á entrega de premios do II Certame de Microrrelatos "Co medo no corpo". Como nos vai prestar!
E iso para rematar unha semana estelar da biblioteca, na que tivemos entre nós a Marica Campo. A escritora, que foi docente neste centro, fixo un dobre pase: primeiro para o alumnado de 2º BAC e do club de lectura, e despois para 1º ESO. O salón de actos que leva o seu nome foi festa da palabra e da amizade, pois non só aproveitou para falar da súa obra (os maiores leran Memoria para Xohana, @s máis nov@s, nós outras), trouxo con ela versos e recordos de Luísa Villalta.
![]() |
Dous flashes do primeiro pase, o primeiro é a presentación de Lara e Nara (2º BAC) |
![]() |
Sandra Tenreiro interpreta "A estación" de Luísa Villalta como inicio da segunda quenda |
Comentarios
Publicar un comentario