Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Afiando ideas, sementando escrita

Imagen
Últimas convocatorias do Club de lectura deste curso:  Esta semana, obradoiros de escrita para festexar que vén o verán! Apoiando a escrita para certames de proximidade, como o de Xermolos, e para o futuro 😉 A próxima semana (xoves e venres) lectura dos microrrelatos gañadores deste ano. Non esquezades vir, que estarán as autoras e os autores!!!

Na Liga Maker Drone.

Imagen
  O Poeta Díaz Castro na Liga Maker Drone O pasado 16 de maio un grupo de alumnas e alumnos de 2º da ESO, participaron na Liga Maker Drone, na final no Coliseum da Coruña con outros 16 centros de Galicia. Ao longo deste curso escolar, tiveron varias sesións de formación e traballaron duro guiados e acompañados sempre polos seus profesores de Tecnoloxía  Marta López Andón e Miguel Anxo Barreiro. A impresora da biblioteca non deixou de traballar neste último mes, rematando o deseño da pezas necesarias para o funcionamento e peso correcto do drone. Diseños e ensaios-error en Tinkercad para rematar este drone, que tería este ano a finalidade de ser capaz de eliminar os niños de velutinas Non houbo sorte nos premios mais aprendemos moito; pilotar o drone, impresión 3D, oralidade, mecanismos de cremallera entre tantas outras cousas. As veces o que se gana nestas experiencias non é sempre unha medalla, ou unha copa. Parabéns a todas e todos polo voso esforzo, ...

Meteorólogas e meteorólogos de Guitiriz. Estamos Aquí!.

Imagen
  O Ritmo do Tempo  O alumnado de Proxecto Competencial de 1º da ESO , traballou durante o mes Abril, na creación de textos para FACER unha canción didáctica,  en base aos coñecementos que están adquirindo este ano dentro do Proxecto MeteoEscolas . Aproveitaron a sesión semanal nesta materia para crear letras didácticas investigando na biblioteca e remexendo nos seus apuntos coa finalidade de crear, estrofas dunha canción coas que ensinar parte dos seus novos coñecementos á veciñanza. O primeiro foi, facer reflexión; Que datos recollemos?, cando?, con que aparellos?, de que forma se mide?...en fin, algún ou algunha, tivo que revisar contidos polas  dúbidas que tiñan sobre algúns conceptos claves de meteoroloxía, consultaron de reollo os apuntes da profesora Fátima Castro, que coordina os grupos para as recollidas dos datos  en MeteoEscolas e buscaron na web as palabras exactas para facer boas rimas. Meteorólog@s de Guitiriz recopilando datos para a súa composici...