Meteorólogas e meteorólogos de Guitiriz. Estamos Aquí!.

 


O Ritmo do Tempo

 O alumnado de Proxecto Competencial de 1º da ESO, traballou durante o mes Abril, na creación de textos para FACER unha canción didáctica,  en base aos coñecementos que están adquirindo este ano dentro do Proxecto MeteoEscolas .



Aproveitaron a sesión semanal nesta materia para crear letras didácticas investigando na biblioteca e remexendo nos seus apuntos coa finalidade de crear, estrofas dunha canción coas que ensinar parte dos seus novos coñecementos á veciñanza.

O primeiro foi, facer reflexión; Que datos recollemos?, cando?, con que aparellos?, de que forma se mide?...en fin, algún ou algunha, tivo que revisar contidos polas  dúbidas que tiñan sobre algúns conceptos claves de meteoroloxía, consultaron de reollo os apuntes da profesora Fátima Castro, que coordina os grupos para as recollidas dos datos en MeteoEscolas e buscaron na web as palabras exactas para facer boas rimas.

Meteorólog@s de Guitiriz
recopilando datos para a súa composición.

Alumnado de 1º ESO Prox. Competencial
creando estrofas para a canción meteorolóxica.

Unha vez aclaradas as dúbidas sobre, isotermas, isobaras e baixadas das presións, borrascas ou anticiclóns;  tiñamos claro que  sumaba poñerse a escribir, eso sí...para facelo mais ameno a profesora de Prox. Competencial e Música;  Sandra Tenreiro, convidounos a traballar na Aula SIbiblio, na que adaptaríamos eses textos escritos, aos ritmos e acordes, nun obradoiro do que sairia esta canción didáctica.

Aquí deixamos o resultado!.



Non foi un traballo fácil, xa que a comprensión das estrofas era importante para que chegasen con claridade aos colegios veciños, que pronto recibirían esta clase musical de meteoroloxía creada no instituto.

Aquí deixamos o resultado!.

O Ritmo do Tempo. MeteoEscolas

Comentarios