Na Liga Maker Drone.

 O Poeta Díaz Castro na Liga Maker Drone


O pasado 16 de maio un grupo de alumnas e alumnos de 2º da ESO, participaron na Liga Maker Drone, na final no Coliseum da Coruña con outros 16 centros de Galicia. Ao longo deste curso escolar, tiveron varias sesións de formación e traballaron duro guiados e acompañados sempre polos seus profesores de Tecnoloxía  Marta López Andón e Miguel Anxo Barreiro.



A impresora da biblioteca non deixou de traballar neste último mes, rematando o deseño da pezas necesarias para o funcionamento e peso correcto do drone. Diseños e ensaios-error en Tinkercad para rematar este drone, que tería este ano a finalidade de ser capaz de eliminar os niños de velutinas

Non houbo sorte nos premios mais aprendemos moito; pilotar o drone, impresión 3D, oralidade, mecanismos de cremallera entre tantas outras cousas. As veces o que se gana nestas experiencias non é sempre unha medalla, ou unha copa. Parabéns a todas e todos polo voso esforzo, peleachedes ata o último momento. 

Comentarios