Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

Táboa periódica interactiva

Imagen
  A Táboa periódica interactiva dos tecnopoetas. O alumnado de 2°ESO, coordinado polo profesorado de tecnoloxia e física e quiímica,  fixo unha táboa periódica interactiva que quedou instalada no primeiro andar, para que os compañeiros doutros grupos poidan aprender todalas curiosidades dos elementos químicos. Detalles do traballo en tecnopoetas Empregaron unha placa makey makey, programada en Scratch. De tal xeito que cando se toca un dos elementos se reproduce un audio explicativo sobre o mesmo. Agradecemos a estes departamentos a súa implicación co alumnado. Exemplo activo de  #innovalab. Na mesma planta o alumnado de bioloxía coordinado por Ruth, xunto co equipo tecnolóxico do Poeta Díaz Castro, presenta a exposición " O noso mar"; unha maneira moi visual de tomar conciencia do coidado dos nosos mares e o control da contaminación dos plásticos.          

Premio a oralidade na IV Liga Maker Drone

Imagen
  Premio a oralidade na IV Liga Maker Drone O pasado 22 de Mayo participamos na LIGA MAKER DRONE IV edición. É o segundo ano que asistimos a esta competición organizada pola Fundación Barrié e a ITG Centro tecnolóxico, un evento que ten por finalidade estimular a creatividade e o interese pola tecnoloxía.   O departamento de tecnoloxía coordinado por Miguel e Marta, fixeron un bo equipo de pilotos, técnicos e grupo vogais, que serían premiados pola  exposición oral do seu proxecto explicando o funcionamento do noso dron Pistoneitor.   Posteriormente o alumnado participante no proxecto, visitou   Radio Lugo Ser, onde falaron con Sara Mejide sobre a súa experiencia na Liga Maker Drone.  

Pechando series

Imagen
Maio de letras cantareiras, pero tamén de escrita e lectura.  Onte houbo a última  quedada literaria  deste curso. Aínda que se nos botou enriba o tempo e non deu para facer a saída prevista co alumnado de Vilalba, completouse o programa de escrita nos tempos de lecer. Desta volta, o que se pautou foi o xénero. E finalmente,  despois de varias posposicións por problemas de calendario dos participantes (unha parte alumnado de 2º BAC), celebrouse a xuntanza para comentar Novela de xadrez . Acompañounos Jairo, profe de historia.   Tamén a poesía tivo oco estes días: as múltiples posibilidades deste xénero están exemplificadas cunha pequena mostra das Pílulas curativas que fixeron este ano nun proxecto conxunto do Convervatorio e a EOI de Lugo.  Un poema e unha melodía dialogan entre si para contribuír á saúde emocional... Pasade pola rebotica botar un ollo ou levar algunha destas pílulas sanadoras! Veña que xa logo vai! 

Se canto é porque quero.

Imagen
  O cantar do arrieiro e un cantar moi baixiño. Paseniño como arrieiros, levamos anos cantando na Biblio do Poeta Díaz Castro. Non vos esquezades que mesmo temos un disco  Nimbos de Música  pois a nosa profesora Sandra Tenreiro, compuxo a música para o poemario de  X.M. Díaz Castro (Letras Galegas 2014) . Seguimos un ano mais facendo música para a festa das Letras Galegas.  Neste curso escolar dous proxectos de cantares e cantareiras, mantiveron a biblioteca a tope de traballo. O concurso E ti que cantas? no que o alumnado de 2º da ESO, investigou sobre as cantigas e cantares, descubrindo a través delas a orixe, a l ingua, os ritmos e a linguaxe musical. Degullaron algunhas  das partituras do Cancioneiro Galego ate conseguir interpretalas. Un traballo constante e minucioso no que tivemos grupos gañadores, pola súa boa interpretación e traballo en equipo.  Alumnado 2º ESO. E ti que cantas?   Este traballo rematou cunha merendiña no pobo, lemb...