Nado no lugar de Vilariño,
parroquia de Os Vilares, en 1914. Fillo do escribínte do entón Concello de
Trasparga, a familia adicábase á labranza e o neno asistía á escola de As
Conchadas onde pronto é consciente do seu gosto pola poesía. Comeza recitando na
popular Festa da árbore.
Pronto marcha para o Seminario a
continuar estudos. Alí coñecerá entro outros escritores a Aquilino Iglesia
Alvariño, “o primeiro aguillón que me estimulou a apreciar o galego e a
escribir nesta língoa”, amigo que o anima na súa adicación á poesía. Pronto publicará
os primeiros versos adicados á natureza e á temática relixiosa, en galego e
castelán, no Progreso Villalbés. Tamén nesta época iníciase na súa outra gran
capacidade, o dominio de diferentes línguas, chegaron a ser 14, e a base do seu
futuro laboral como traductor. Exerce como mestre de línguas clásicas en
Vilagarcía e logo pasa a ser traductor no Instituto de Investigacións
Científicas. Nunca abandoará a súa adicación á literatura e a súa contribución
á traducción ao castelán de autores premiados co Nobel ou poetas alemáns
achegados ao galego, como Rilke.
Empeza a manifestar unha timidez
que impide publicar o que escribe, Follas verdes e Follas ao aire son obras que
seguen inéditas. Só breves aportacións na revista literaria, Alba, rompen este
silenzo. Pero en 1946, aguilloado polos amigos, preséntase ao Premio Xogos
Frorais en Betanzos, que gaña. En 1954 Francisco Fernández del Riego publica
unha Escolma de poemas galegos que recolle algún dos poemas do noso autor e
entusiasma aos lectores. E en 1961 publica o seu primeiro e único poemario
NIMBOS, que leva a considerar a Díaz Castro como representante fundamental da
literatura galega de posguerra e a este libro como un dos clásicos das nosas
letras contemporáneas. Penélope é o poema máis coñecido, musicado e traducido a
moitas línguas, aporta a súa definición de Galicia. Como unha espada, recolle o
verso que utilizamos con máis ánimo e interese na nosa biblioteca “a beleza
feriume para sempre”.
En 1990, Díaz Castro morre en
Guitiriz, a onde retorna nos seus últimos anos e recibe o apoio e recoñecemento
de escritores como Darío Xoán Cabana, quen o anima a publicar a súa obra
Sombras radiantes, obxectivo trucado pola súa desaparición, e onde mantén a
amizade de Manuel María.
Hoxe homenaxeamos ao noso
escritor co motivo da terceira edición de NIMBOS realizada por Galaxia. E
invitámosvos a visitar
a exposición que a Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro acolle, grazas ao
noso compañeiro Alfonso Blanco, amigo persoal do poeta, divulgador da súa obra
e depositario de valiosos documentos e material inédito que pón á nosa
disposición. Agradecer tamén ao Equipo de Normalización Lingüística a súa
participación.
Comentarios
Publicar un comentario