Semana da Música.

Por unha educación pública con boa nota”
O alumnado de I.E.S Poeta Díaz Castro foi convidado polo Departamento de Música e o Equipo da biblioteca do centro a participar nunha semana chea de música no mes de novembro. A finalidade, era que todos pensaramos que aporta a música nas nosas vidas e na nosa formación académica.
Xogamos con creatividade encadeando palabras á MÚSICA nos corredores do centro; motivación, liberdade, coordinación, equipo, loita, disciplina, poesía, alegría, expresión. Tamén creamos entre todos unha nova pezaaNOTA” cun gran pentagrama onde cada nota colocada polos alumnos levaba outra “nota”, mensaxe, lema, sentimentos que nos lembran que é fundamental para nós a presenza da música nas nosas vidas e nas aulas.
Para pechar esta semana e despois de moito ensaiar nas clases, gardas e recreos...todos os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer e ver si querían traballar coa profesora de música o tema inédito “L.ON.X.E” para gravalo xuntos e transmitir unha clara mensaxe: “a cultura e a expresión non son covardes,....poden pechar aulas á vida e á ilusión, non hai tesoiras que recorten esta voz,...lonxe das leis que borran sendas a seguir, lonxe das cordas que non afinan aquí...”.
A resposta do alumnado foi contundente, firme e clara e a mensaxe queda resumida neste vídeo. Este é o voso traballo...NORABOA a todos.



Eu vou para diante, mande quen mande, que non amarren os meus soños o meu arte.
Abride as portas, que corra o aire, que a cultura e a expresión non son covardes.
Xa non me asusta o virus da imposición, sei o camiño eu tomarei a dirección.
Quebra as esquinas, destes cadrados, nos non queremos ser seres cuadriculados.
Tirade as verxas, a cada lado, que no nos traten coma se fosemos gando.
Poden pechar aulas á vida e a ilusión, non hai tesoiras que recorten esta voz.
Non temos cartos, para estudalo, non temos mapa de esta absurda viaxe amarga.
Queren quitarnos o que levamos posto, mais nos vestimos esa lus que inunda todo.
Lonxe das mentes que nos afastan sen razón. Lonxe de todo o que non deixa se quen son.
Eu vou para diante, mande quen mande, que as miñas cores cubran grises privilexios.
Temos a pedra para poñer cimentos, onde as mentiras pisan o que prometeron.
Lonxe das leis que borran sendas a seguir. Lonxe das cordas que non afinan aquí

Letra e música: Sandra Tenreiro. IES Poeta Díaz Castro. Guitiriz.

Comentarios