Entradas

Mostrando entradas de abril, 2015

Propostas das lectoras

Imagen
TÍTULO: INSURGENTE AUTORA: VERONICA ROTH Este é o segundo libro dunha saga formada por Divergente , Insurgente e Leal. O libro comeza tal e como acabou o anterior, con todos os protagonistas escapando nun tren para a facción de Cordialidade, onde se refuxiarán para que os aliados de Jeanine Mathews (a líder de Erudición) non maten a Tris e a Tobías polo feito de ser diverxentes. Durante todo o libro estes dous protagonistas teñen que cambiar de refuxio, pasando por moitas faccións e coñecendo novas costumes e formas de vivir destes. Tris, tras un acto de valentía e honradez, decide presentarse ante Jeanine para que cese a busca de diverxentes; unha vez alí realízanlle probas para saber como funciona o seu cerebro e cren matala, pero o seu inimigo Peter decide axudala a reunirse con “Cuatro” (Tobías) para que eles e un gran número de abandonados e ousados se rebelen contra os traidores. Ao final deste emocionante libro, que se sitúa nunha guerra de faccións, revélase o “verdad...

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
SIN DESTINO INRE KERTÉSZ Sin destino trasládanos á Hungría de 1944, na cal un rapaz xudeu de quince anos é deportado a un campo de concentración nazi e tense que enfrontar a unha situación completamente nova para el. Ata aquí Sin destino semella unha historia máis na que algún supervivente ao holocausto nos conta en primeira persoa, ou a través dun personaxe que o representa, as calamidades alí vividas. Por unha banda isto é certo, Imre Kertész cóntanos a súa historia a través da personaxe de Gyürgy Küves, pero o que chama a atención dende o minuto un da obra é a actitude do protagonista. Nun principio vemos a un rapaz perdido, ao cal todo lle parecía estraño e a veces mesmo indiferente, dende a marcha de seu pai para un campo de traballo, ata o feito de acabar indo el para un. Para o noso protagonista, todo tiña un aspecto positivo e o seu principal obxectivo dentro dos distintos campos de concentración nos que estivo era o de ser un bo preso. Ao longo da obra v...

OBRADOIRO PORTUGUÉS

Imagen
O.P.S! Obradoirode português Simples Na segunda feira, día dezassete, tivemos no instituto um obradoiro de português, ao que acudimos os alunos de português e uns poucos de francês. O homem que veio ensinar-nos era simpaticíssimo e teve muita paciência com nós. Ensinou-nos a ler bem em português e tanbém quando se escreve vírgula, acento, etc.  Fez-nos uma prova de uma canç ao para escutar ... Foi muito divertido!!! Aida Covas 2º ESO A